Gañadores do 1º Premio no VII Concurso de Curtas Escolar de ADOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convocou o VII Concurso de Curtametraxes Escolar, que tiña como tema a doazón e os transplantes, co fin de achegar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que a mocidade fose capaz de valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos e tecidos.

O noso centro, o IES Chan do Monte, participou coa curta titulada Transplántate e vive+, que recibiu o 1º Premio en competición con centros de toda Galicia. Parabéns ós alumnos de 1º de Bacharelato-A, en especial ós protagonistas Ángela Rosales e Marco Rivas, que actuaron baixo a dirección da súa profesora de Inglés, Rosa María Villar Villamil, coa participación de Susana Montes, profesora de Bioloxía, e José Luis Aragón, quen se encargou da gravación.

O Premio foi entregado polo Conselleiro de Sanidade, Don Julio García Comesaña, ós gañadores e ó director do centro, José Luis Noya, nun acto celebrado no MUPEGA o día 2 de Xuño.

Fotograma da curta cos protagonistas: Ángela e Marcos
Para os que querades ver a curta, aqui temos o link:
https://mega.nz/file/kEJnUKwR#aX0hKnaxJQ179bs3uod6v8ACqJPEqB-yvlyuHiQaoS0

One Response on “Gañadores do 1º Premio no VII Concurso de Curtas Escolar de ADOS

  1. Laura di:

    Moitos Parabéns!!
    Gratitude sempre a tódolos doantes…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *