A) NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN.
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action
B) NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-2023
CURSO | Núm. Prazas Ofertadas | Núm. permanencias | Núm. Vacantes estimadas |
1º ESO | 30 | 0 | 26* |
2º ESO | 30 | 21 | 8 |
3º ESO | 30 | 27 | 3 |
4º ESO | 30 | 22 | 4 |
1º Bach.Ciencias | 33 | 9 | 26 |
1º Bach. Humanidades | 33 | 3 | 29 |
2º Bach. Ciencias | 33 | 8 | 18 |
2º Bach. Humanidades | 33 | 7 | 24 |
*Os centros adscritos ao IES Chan do Monte son CEIP Seixo e CEIP Ardán. 18 reservas rexistradas. 3 prazas resérvanse para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
C) PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA ALUMNOS PROCEDENTES DOUTROS CENTROS
Presentación de solicitudes de admisión | Do 1 ao 21 de marzo ambos incluídos |
Dispoñen de dúas vías para solicitar a admisión:
1 – Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B
2 – Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial.
En ambos casos é preciso que cumprimenten o Anexo II A.
D) IMPORTANTE
1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE
A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia
2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE:
·Presentación da solicitude fóra de prazo
·Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos.
·Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade.
3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE:
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA:
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
E) PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO, SE É O CASO.
Se o número de solicitudes e maior que as prazas ofertadas, poderán presentar, con carácter voluntario, a documentación acreditativa dos criterios de baremo no prazo de 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes de admisión.