Benvidos á bolsa de traballo do IES Chan do Monte.
Os nosos obxectivos son:
- Proporcionar ás empresas, xoves titulados en Formación Profesional nas especialidades que o noso centro oferta.
- Facilitar aos nosos alumnos a súa inserción no mundo laboral.
- Ambalas dúas cousas de xeito totalmente gratuito tanto para empresas como para alumnado.
Como me entero das ofertas de emprego?
As ofertas de emprego comunícanse de varios xeitos:
- Co taboleiro adicado as becas e ofertas de emprego (hai traballos que, por motivos varios, non aparecen publicados nesta sección)
-
- Coa lista de correo de antigos alumnos do ciclo do que é a oferta. A pertenza a esta lista será ao rematar o ciclo, cando voluntariamente, o/a alumno/a ceda os seus datos (Folla de autorización).
Como participar se es alumno?
Se remataches un Ciclo Formativo no IES Chan do Monte e estás interesado en recibir ofertas de emprego de empresas que contacten co instituto para solicitar alumnos para traballar, debes:
- Unirte a nos mediante a rede social que prefiras.
- Asinar a folla de autorización para a cesión de datos.
Como participar se es empresa?
Se es empresa e tes algún traballo que ofertar debes poñerte en contacto coa persona responsable da coordinación da Formación en Centros de Traballo do IES Chan do Monte.
Máis información, na sección adicada a FCT.