Se es alumno
- Xa estás dado de alta no sistema, polo que non tes que ler nada nesta sección e podes pasar a seguinte (Acceso básico a Windows) para poñer o teu contrasinal e así activar todos os servizos do IES.
Se es profe
- En secretaría tes que cubrir un formulario cos teus datos de contacto (podes entrar pola porta lateral)
- Solicita en secretaría que pasen unha incidencia aos SERVIZOS TIC do instituto para que che dean de alta unha conta no sistema
OLLO! Esta conta serve para todos os servizos do IES Se non dispós da mesma, non poderás acceder a ningún equipo informático, nin imprimir, nin abrir as aulas dos alumnos a Internet, etc
- As chaves das aulas están en conserxería. Hai unha chave maestra que podes solicitar para entrar en todas as aulas.
- No formulario tes que por o teu enderezo electrónico (preferiblemente un que leas habitualmente) para suscribirte ás listas.
Acceso básico a Windows
- Cando te teñan dado de alta no sistema, xa poderás entrar con teu nome de usuario en calquera equipo con sistema operativo Microsoft Windows cos seguintes datos de usuario:
USUARIO: o teu nome de usuario CLAVE: a que che facilitou o persoal de Servizos TIC ou o teu titor
- A primeira vez pedirache que cambies o teu contrasinal
OLLO! O contrasinal ten que ter 10 o máis caracteres e tener alta calidade o cal quere dicir que non pode ser unha palabra de dicionario, nin pode ser demasiado sinxela. A recomendación é que penses unha frase e poñas as iniciales de dita frase como contrasinal, engadíndolle algún número e/ou maíusculas e/ou signos de puntuación.
- A partir de que axustes a túa clave en Windows por primeira vez, serás responsable de todas as operacións que se fagan coa túa conta. Na primeira vez que entres no sistema crearáse o teu perfil (fondo de escritorio, datos de navegación, etc). Os cambios que se fagan no perfil teralos en cada equipo que entres a partir de agora. Deste xeito poderás traballar en calquera equipo do centro e moverte de posto con toda comodidade.
- Se abres un explorador de carpetas verás que e o teu cartafol persoal é Z: e tamén terás outras carpetas para a distribución de materiais (materias) e colaboración (compartir_profes).
¿Qué facer ante problemas de rede?
- Se nalgún momento de uso dun equipo ocorre un fallo na rede ou nos servidores, isto vainos impedir gardar archivos no noso cartafol persoal (Z:) ou aceder os cartafóls compartidos. Ademáis, o escritorio quedarase momentaneamente sen as iconas. Nese intre podemos:
- traballar sobre unha unidade flash (pen drive) propia.
- optar por gardar o noso traballo para non perdelo na unidad D: dese PC, creando un cartafol có noso nome de usuario, ainda todo o que guardemos ahí quedará so nese PC y podería ser borrado.
- Cando se recupere a rede, poderemos movelo á noso cartafol persoal (Z:).
- Cando volva a funcionar a rede, as carpetas volverán a estar accesibles. Para que se volvan a mostrar as iconas no escritorio haberá que facer click sobre unha zona baleira do escritorio e pulsar F5
Para estar en contacto
- Para estar en contacto e recibir novas e avisos dunha maneira rápida, cómoda e ecolóxica, no IES Chan do Monte usamos as listas de correo
OLLO! A clave das listas de correo é independente da do sistema. A razón é que as listas de correo asocianse ao e-mail como un servizo externo ao IES, e para participar nelas non fai falla ter unha clave no sistema. Pregamos non poñer a mesma clave ca no resto do sistema (pódese deixar que a escolla automáticamente ao subscribirse).
As listas de correo son una maneira cómoda de estar en contacto e también de expresar opinión e novas entre un grupo elevado de persoas.
Os correos enviados á lista repartense automáticamente entre todos os subscritos. As vantaxes sobre un foro son claras: as mensaxes chegan ao noso propio correo electrónico sen necesidade de ter que abrir ninguhna web, polo que sempre podemos estar ao dia simplemente lendo o correo co que nos subscribimos.
Alumnado
- A comunicación co alumnado farase a través da aplicacion Abalar ou con mensaxes pola aula virtual que a Xunta dispón para o instituto
- O ex-alumnado de informática pode subscribirse á lista global ex-alumnos-informatica para recibir ofertas de traballo e estar en contacto.
Profesorado
- Aos profesores/as recomendaselles subscribirse ás seguintes listas:
- Á lista profesores-claustro: nesta lista pasanse todo tipo de avisos por parte do equipo directivo e de Servizos TIC, polo que é básica para estar ao día. Asemade, serve como foro de discusión e opinión do profesorado en xeral.
- Opcionalmente, á lista profesores-anuncios: nesta lista comunícanse correos relacionados con sindicatos, exposicións e outros.
- Á lista do departamento ao que pertenzas. Non obstante isto depende do número de personas do teu departamento, xa que polo seu tamaño algúns deles non dispoñen da mesma ao non ser necesaria.
E se teño algún problema ou dúbida?
Problemas técnicos
- Para informar de calquera incidencia co servizo informático, tes que enviar a incidencia ao equipo de Servizos TIC a través da web de incidencias. Deste modo, a incidencia reenvíase aos membros do equipo de Servizos TIC e dase de alta para a súa resolución.
MOI IMPORTANTE: O único procedemento válido para abrir unha incidencia é usar a paxina web de incidencias. A esta páxina pódese acceder dende a casa ou dende o móbil. Non hai outros métodos (“asaltar” a un profe do equipo de Servizos TIC non é un método fiable xa que o máis probable é que nos esquezamos de rexistrarlo se nolo dis de palabra). Asegúrate de abrir a incidencia e se ves que tardamos en atendela, sempre podes preguntar, pero ten en cuenta que temos MOI poucas horas asignadas para a inxente cantidade de traballo que hai no mantemento dos máis de 450 equipos informáticos cos que contamos no IES, ademáis dos seus correspondentes servidores. |
Dúbida sobre o sistema
Probablemente da lectura desta documentación xurdiranche moitas dúbidas. Hai tres formas básicas de resolvelas:
- Preguntando a un profesor de informática: esta é a máis habitual, ainda que non sempre están dispoñibles
- Enviando unha incidencia a Servizos TIC: esta é a “oficial”.
- Preguntando á lista de correo se es un profe.
- Calquera aplicación ou programa que necesites avísa cunha incidencia e trataremos de buscar unha solución que permita o traballo na aula ao profesor e/ou os alumnos.
Normas de organización e funcionamento do centro NOFC
- Todos os servizos informáticos dos que dispós no IES, así como o resto do funcionamento do centro, está regulado polas NOFC.
- No que aos temas informáticos se refire, este regulamento inclúe algúns aspectos especialmente importantes á hora de usar os sistemas no apartado 6.5.7
- Faise unha vixiancia do uso lícito da rede, tanto do que fan os usuarios do instituto coma do que chega dende Internet. O centro mantén sistemas de auditoría do tráfico da rede, das operacións sobre os equipos e dos accesos ós servidores. Vixíase de xeito constante o cumprimento de ditas normas e informarase de inmediato á dirección do centro do incumprimento das mesmas e ésta trasladará as incidencias ao xulgado, no caso de incorrer en responsabilidades penais
Isto é todo?
NON!! En absoluto! Ainda acabas de empezar! O IES Chan do Monte pon a túa disposición unha gran cantidade de otros servizos para que fagas un uso moi productivo da informática de usuario.
Accede á información sobre o uso de todos estes servizos: Servizos informáticos que presta o centro
Puedes visitar a páxina de documentación de servizos que presta o IES para ler e probar ditos servizos. Probablemente so che sexan útiles algúns deles, pero aseguramosche que cando os uses non vas poder vivir sen eles 🙂
Por favor, visita esta páxina e pregunta as tuas dúbidas ao equipo de Servizos TIC ou as listas de correo. Graciñas. |