O compacto muro da violencia de xénero pódese derrubar co coñecemento desta realidade , a súa visibilización, e coa educación en igualdade. Estas son as suxerencias bibliográficas e de filmografía sobre este tema que vos imos propor.
Facémonos eco da declaración institucional do Concello de Marín
Nesta ligazón podedes ver o video realizado dentro do programa Plan Proxecta realizado este curso polo Departamento de Orientación co alumnado de 1º de FP Básica de Informática de Oficina e 1º de FPB Básica de Mantemento de Vivendas.
O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 27 de xuño ata o 5 de xullo ás 13.00 horas.
Pódense consultar os itinerarios formativos recomendados para cursar as ensinanzas de formación profesional polo réxime de persoas adultas na seguinte ligazón:
O vindeiro venres día 17 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Chan do Monte, celebrarase o Acto de Graduación do alumnado de 2º de Formación Profesional Básica de Informática de Oficina (Promoción 2014-2016).
Nos próximos días sairá publicada no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades para o curso 2016-2017.
Requisitos das persoa solicitantes
Ter entre dezaoito e vinte e nove ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 17 de xuño ata as 13:00 horas do día 28 de xuño de 2016.
Presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de formación profesional dual poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.
Documentación
A solicitude de inscrición, deberá ir acompañada da seguinte documentación:
Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Proxecto da Orde do _____ de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.
Proxecto da Orde do _____ de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/2017.