No IES Chan do Monte ofertamos ciclos superiores, de grao medio e básico de diversas familias de FP. Todos estes ciclos ofértanse en réxime ordinario con horario de mañá.
Grao básico
- D1IFC001200 Informática de oficina (18 prazas – Mañá – Réxime Ordinario)
Grao medio
- D2COM000100 Actividades comerciais (30 prazas – Mañá – Réxime Ordinario)
- D2IMA000100 Instalacións frigoríficas e de climatización (22 prazas – Mañá – Réxime Ordinario)
- D2IFC000100 Sistemas microinformáticos e redes (30 prazas – Mañá – Réxime Ordinario)
- D2IFC000100 Sistemas microinformáticos e redes (30 prazas – Tarde – Réxime Ordinario)
- D2ADG000100 Xestión administrativa (30 prazas – Mañá – Réxime Ordinario)
Grao superior
- D3IFC000100 Administración de sistemas informáticos en rede (30 prazas – Mañá – Réxime Ordinario)
- D3IFC000200 Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (30 prazas – Mañá – Réxime Ordinario)
- D3IFC000300 Desenvolvemento de aplicacións web (30 prazas – Tarde- Réxime Ordinario)
- D3COM000400 Marketing e Publicidade (30 prazas – Mañá – Réxime Ordinario)
Cursos de especialización
- E3IFC005000 Ciberseguridade en contronos das tecnoloxías da información (20 prazas – Tarde- Réxime Ordinario Presencial)
Ademais, en réxime modular, oferta PARCIAL :

Grao básico
D1IMA001100 Mantemento de vivendas (18 prazas – Tarde – Réxime Modular Presencial):
- AM3161 Comunicación e ciencias sociais I
- AM3163 Ciencias aplicadas I
- MP3024 Fontanaría e calefacción básica
- MP3025 Montaxe de equipamentos de climatización
- MP3090 Operacións de conservación na vivenda e montaxe de accesorios
- MP3159 Itinerario persoal para a empregabilidade básico
Grao superior
D3IFC000300 Desenvolvemento de aplicacións web (30 prazas – Tarde – Réxime Modular Presencial)
- MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (inglés) (GS)
- MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS)
- MP0612 Desenvolvemento web en contorno cliente
- MP0613 Desenvolvemento web en contorno servidor
- MP0614 Despregamento de apolicacións web
- MP0615 Deseño de interfaces web
- MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS)
- MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II
D3IFC000100 Administración de sistemas informáticos en rede (50 prazas – Tarde – Réxime Modular Distancia)
- MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (inglés) (GS)
- MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS)
- MP0374 Administración de sistemas operativos
- MP0375 Servizos de rede e internet
- MP0376 Implantación de aplicacións web
- MP0377 Administración de sistemas xestores de bases de datos
- MP0378 Seguridade e alta dispoñibilidade
- MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS)
- MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II
D3IFC000200 Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (50 prazas – Tarde – Réxime Modular Distancia)
- MP0179 Inglés Profesional (FP)
- MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información
- MP0483 Sistemas informáticos
- MP0484 Bases de datos
- MP0485 Programación
- MP0487 Contornos de desenvolvemento
- MP1708 sostibilidade aplicada ao sistema produtivo
- MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I
A oferta completa pódese consultar aquí.
Requisitos de acceso
GRAO MEDIO
- Cupo de acceso directo (Ata o 70%), para as persoas que posúen título da ESO, título de técnico ou titulacións equivalentes. Séguese a seguinte orde de prelación:
- Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas (non aplicable para este curso, segundo o disposto no Real Decreto 562/2017, do 2 de xuño).
- Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
- Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
- Alumnado con título de técnico auxiliar.
- Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
- Alumnado con título de bacharelato superior.
- Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.
- Cupo de acceso por FP Básica e PCPI* (Ata o 20%), para as persoas que posúen título de FP Básica. Ordénanse os solicitantes por :
- Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
- Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
- Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.
*para as persoas que teñen os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 e seguintes.
- Cupo de acceso por proba (Ata o 10%), para as persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos e non cumpran os requisitos de carácter académico. Ordénanse os solicitantes por :
- Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
- Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
- Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
- Alumnado con título de técnico.
- Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
- Alumnado con título de bacharelato.
- Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
- Alumnado con título universitario.
Réxime para persoas adultas
Neste réxime os requisitos de admisión son iguais que no réxime ordinario.
Nota: no réxime de adultos, cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada un dos cupos. En cada cupo de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral no ámbito profesional do ciclo e os módulos superados no ciclo.
GRAO SUPERIOR
Réxime ordinario
Cando a demanda de prazas supere a oferta establécense os seguintes criterios de selección:
- Cupo de acceso directo (ata o 70%) persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos. Séguese a seguinte orde de prelación:
- Bacharelato con modalidade vinculada e materias preferentes.
- Bacharelato con modalidade vinculada e sen materias preferentes.
- Bacharelato sen modalidade.
- Titulación de técnico superior.
- Titulación universitaria.
Dentro de cada unha destas preferencias ordénanse ás persoas solicitantes pola nota media do título, e de existir empate no primeiro bloque, pola nota media das materias preferentes.
- Cupo de acceso por FPB (ata o 20%) persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE. Ordénanse os solicitantes por :
- Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
- Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
- Cupo de acceso por probas e outros (ata o 10%) persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior. Ordénanse os solicitantes por :
- Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
- Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
- Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
- Alumnado con título universitario.
Réxime para persoas adultas
Neste réxime os requisitos de admisión son iguais que no réxime ordinario, coa salvidade de que as persoas que carecen de requisitos de acceso poden matricularse nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia, sempre que acrediten dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo que desexou cursar. Estas persoas concorreran polo cupo de acceso directo.
Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada un dos cupos. En cada cupo de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral no ámbito profesional do ciclo e os módulos superados no ciclo.
Ademais, permítese cursar un ciclo formativo de grao superior quedando exentos de proba a aqueles aspirantes que superen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
No seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/fp/probas, atoparedes máis información sobre as probas de acceso (modelos de probas de acceso e unha guía orientativa da proba).