IES Chan do Monte

A Biblioteca Os labirintos de Mogor é…

un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe. Un espazo dinámico pensado para ler, escribir, investigar, acceder á información, xogar e crear.

O IES Chan do Monte forma parte do PLAMBE – Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, desde a súa incorporación no curso 2020-2021. Ademais, neste curso académico 2024-2025 renovou a continuidade no programa Clubs de lectura da CCEFPU.

Os labirintos de Mogor, o teu laboratorio de ideas para a lectura, a creación e a aprendizaxe

  • O horario: A biblioteca está aberta durante todos os recreos para o alumnado e o profesorado. Alén disto, os seus espazos están dispoñibles durante todo o horario lectivo para que o profesorado poida empregar os recursos de que dispón a biblioteca nas súas sesións lectivas. Fóra do período lectivo na biblioteca tamén decorren o club de lectura para persoas adultas, as sesións formativas para o profesorado e outras actividades dirixidas á comunidade educativa.

  • As persoas usuarias: Todo o alumnado, profesorado e persoal administrativo e de servizos do centro é unha persoa usuaria da biblioteca. As familias que o soliciten tamén poden facer uso dos recursos e dos materiais da biblioteca. Poden solicitalos, por exemplo, a través do correo electrónico.

  • A xestión documental: Os labirintos de Mogor usa o sistema integral de xestión biblioteca KOHA e a clasificación decimal universal (CDU).

  • Os materiais: A colección está formada por libros informativos e de ficción, xogos de mesa e outros recursos dixitais.

  • Actividades: Obradoiros creativos, retos literarios e científicos, actividades de dinamización da lectura e da escritura (clubs de lectura, Hora de ler, visitas culturais, charlas e roteiros literarios), formación en ALFIN/AMI, radio, xogos de mesa.

  • O servizo de préstamo: Ofrece ás persoas usuarias levar o material que se pode prestar por un período de tempo determinado. Por exemplo, o alumnado pode levar prestado un máximo de tres recursos diferentes, durante 15 días.

  • O catálogo aberto: O noso catálogo pode ser consultado en rede nesta ligazón.

  • A CDU e as etiquetas dos recursos: Cada material da colección ten unha etiqueta que permite coñecer a súa ubicación na biblioteca. Velaquí unha explicación da información que recolle:

  • E-LBE.2 Lectura dixital para as Bibliotecas Escolares: Para acceder á plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais da CECUFP sigue esta ligazón. Nela poderás ler libros e acceder a outros recursos dixitais, coas credenciais que vos entregará o EABE.