II Certame de Poesía Revelada

O II Certame de Poesía Revelada ou Blackout Poetry nace para potenciar a escrita e a lectura de poesía utilizando unha modalidade de creación poética innovadora, que aporta un valor engadido, a combinación de imaxen e texto. Ambos compleméntanse de forma coherente e harmónica. A ilustración ten un peso específico igual o do texto.

Os participantes, de calquera nivel educativo, poderán presentar un ou máis proxectos coas seguintes características: tamaño din-A4 e traballo orixinal, non vale unha fotocopia. As obras que optan ó premio entregaranse na Biblioteca do IES Chan do Monte en sobre cerrado. No anverso do sobre especificarase o pseudónimo do autor. Nun sobre pequeno cerrado dentro do grande constarán o pseudónimo, os datos personais, nome e apelidos, curso, dirección e teléfono.

O prazo de presentación de orixinais finaliza o 5 de abril. Farase unha exposición no centro de todas as obras presentadas. A decisión do xurado farase pública o 12 de abril coa presentación da obra gañadora e a entrega do premio. A obra premiada quedará exposta de xeito permanente na Biblioteca.

Rosa María Villar Villamil