Clubs de lectura, sempre activos

Unha nova proposta para Labirintos de Mogor II. Unha obra a de Sara Mesa de conflicto entre o urbano e o rural, o sentido de poder e o de vulnerabilidade da protagonista ante os novos actos que acomete. O potente narrador consegue que os lectores non sintamos outra necesidade máis que pasar voando as páxinas e seguir deixándonos ferir polo desasosiego do relato, que parece adquirir dimensións de traxedia grega, ainda que tamizada pola culpa católica: o conxunto de persoaxes de La Escapa funciona como o coro que amplifica o xuizo e algúns individuos fan como de oráculo, advirtindo de malos presaxios. Toda esa tensión, o ambiente angustioso e á vez distante, as referencias e simbologías e as friccións entre personaxes parecen dispostos para un desenlace tráxico, que é esperado con ansia.

O alumnado do Labirinto de Mogor I comentando a lectura de Carta dunha descoñecida dun autor recurrente, Stefan Zweig, que non os deixou indiferentes. Falaron de obsesión, amor incondicional e tolemia, voltando recoñecer a Zweig como mestre da novela psicolóxica.

O Club dos máis xóvenes explorou O Asasinato da profesora de Xeografía; un libro no que se mestura a fascinación pola toponimia cun segredo que se remonta a Idade Media e do que o diaño é protagonista. A corrupción, a afouteza, a intuición e unha boa dose de misterio son os ingredientes desta novela que lles atrapou e que vos recomendamos.

Rosa María Villar Villamil