Uso de Máquinas Virtuales con VirtualBox

En todos os computadores do centro está instalado o VirtualBox. Para este programa os documentos de traballo son, en realidade, outros ordenadores simulados. En definitiva, metemos máquinas virtuais dentro do noso computador que administraremos e usaremos como se fose propio. Entre as grandes vantaxes deste sistema podemos citar que un ordenador virtual así administrado deixalle ao profesor liberdade para instalar ou configurar o que desexe.

Se non se ten un propósito moi específico non é preciso facer unha instalación dunha máquina virtual e bastará con copiala. Para iso, e para que sirvan de base a outros sistemas, o equipo de mantemento ten aloxados en ‘\\lapaman\grandes\virtuales\VDI-infraestructura’ os arquivos que se precisan.

1.- O primeiro paso é crear un cartafol na unidade D: para almacenalas. Debemos facer un directorio persoal usuario (nome de usuario) para que podamos baleiralo unha vez rematado o curso. Quedarán nese computador, AS MÁQUINAS NON SE MOVEN no perfil de usuario como o resto de documentos do IES. Iso é polo seu tamaño que faría imposible a copia dun lado para outro. Ten isto en conta, pois tanto profesor como alumnos non poderán mudar de equipo ao comezar a traballar nun, agás fagan unha copia nalgún dispositivo.

2.- Abrimos VirtualBox e indicamos que a ruta de traballo é o directorio que acabamos de crear. Dende ‘archivo’, ‘preferencias’ indicamos ‘D:\usuario’ na opción de ‘General’ que dí ‘Carpeta predeterminada de máquinas’.

3.- Agora queda copiar a máquina dende a ruta explicada anteriormente de infraestructura ao noso disco. Se a máquina é un arquivo OVA tan só temos que facer ‘Archivo? ‘Importar servicio virtualizado’, escoller o ficheiro OVA en cuestión e agardar a que se copie á nosa computadora.

MOI IMPORTANTE: Configuración IP e modos de rede a usar

  • NON USAR TARXETAS DE REDE EN MODO “NIC” ou “BRIDGED”. A máquina virtual usarase coa interface de rede en modo NAT, rede NAT ou “Local Solamente”/Rede Interna
  • Tarcetas en REDE INTERNA: rangos dispoñibles
Recoméndase rango 172.x.y.z onde x sexa un número entre 21 y 31 (rangos inferiores en uso)
Rógase non usar o rango 192.168.0.0/16 (rede real) ni 10.0.0.0/8 (red SARA)
  • Para conectar dúas máquinas virtuais entre sí que estean en distintos equipos usar unha interface de rede NAT en VirtualBox e configurar o REENVÍO DE PORTOS dentro do diálogo de configuración da tarxeta de rede en VirtualBox. Esto permitirá reenviar portos da IP da máquina real (anfitrión) á máquina virtual
  • Valores do proxy: 192.168.0.11:3128 (todos os protocolos). A autodetección de proxy está implantada
  • Servidor DNS1: 192.168.0.9, DNS2: 192.168.0.11
  • Servidor NTP: 192.168.0.9
  • Para acceder a arquivos do dominio desde as máquinas virtuais: \\192.168.0.9 (o vía SMB:// en Linux)

Recomendacións xerais

En LAPAMAN/GRANDES/virtuales existen os seguintes cartafoles cos obxectivos citados:

  • Cartafol ISO-CDM
  • Cartafol VDI-practicas con máquinas instaladas e preparadas para o seu uso inmediato (inclúen Guest Additions)

Para evitar o gardado das instantáneas das máquinas virtuais nos recursos do dominio (sobrepasaría a cota), recomendase editar en preferencias o cartafol de configuración de máquinas para gardarla en D:\usuario

Configuración do proxy nas máquinas virtuais

As máquinas virtuais prediseñadas veñen configuradas correctamente para o uso do proxy do centro. Nalgúns casos pode haber programas que non sexan compatibles con proxy 
o haxa que axustar dita configuración nas súas propias preferencias.

Proxy en Windows

Ademais da configuración habitual no panel de control, se algún servizo non funcionase, pódese probar a executar os siguintes comandos como administrador:

netsh winhttp set proxy 192.168.0.11:3128 
reg add "HKCU\Software\Microsoft\Windows\CurrentVersion\Internet Settings" /v ProxyServer /t REG_SZ /d "http://192.168.0.11:3128" /f
reg add "HKCU\Software\Microsoft\Windows\CurrentVersion\Internet Settings" /v ProxyEnable /t REG_DWORD /d 1 /f

Proxy en Linux

Teñen que exportarse as siguintes variables (en bashrc / profile.d como corresponda)

export http_proxy=http://192.168.0.11:3128
export https_proxy=http://192.168.0.11:3128
export ftp_proxy=http://192.168.0.11:3128

UUID de discos VDI

  • Se se tenta inserir dous discos VDI co mesmo UUID hai que mudalo ó novo UUID mediante o comando
vboxmanage internalcommands sethduuid DISCO.VDI

Para que se poida executar vboxmanage, haberá que engadir o directorio de VirtualBox ó path, ou executalo desde dito directorio