Actividades EDLGResumo Actividades

MEMBROS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Persoal docente:

– Pilar Día Díaz (Coordinadora do Equipo de Biblioteca).

– María del Mar Carballo Feijoo (profesora de Lingua e Literatura Galega).

– José Manuel Domínguez Ventín (profesor de Informática).

– José Luis Aragón Seijo (xefe de estudos de nocturno).

Persoal non docente:

– María Jesús Obelleiro Fragoso (conserxe).

Alumnado:

– María Martínez García (1º de Bacharelato)

– Kodyy Helff González Arbelo (1º de Bacharelato)

– Laura Carregal Calviño (4º ESO)

– Sabela Freire López (4º ESO)

– Claudia García Caldas (4º ESO)

– Manuel Cruz Pastoriza (4º ESO)

Colaboradores:

– Todos os Departamentos Didácticos.

– Equipo de Biblioteca.

OBXECTIVOS

– Impulsar a presenza progresiva do galego nas diferentes áreas curriculares e, en xeral,

na vida do centro, para posibilitar que o alumnado acade unha maior competencia na

lingua galega.

– Reforzar o traballo para a superación progresiva dos prexuízos e o rexeitamento do

idioma entre todos os integrantes da comunidade escolar.

– Promover o uso activo de ferramentas das tecnoloxías da información e comunicación

en galego, favorecento o emprego da nosa lingua nas creacións e nos diversos

intercambios dixitais.

– Implicar activamente a toda a comunidade educativa, en especial ao alumnado, no labor

de dinamización.

– Implicar ao alumnado e profesorado de Ciclos Formativos para que participen na

organización de actividades, así como nas propias actividades, tratando de romper deste

xeito a distancia que hai a nivel de relacións co alumnado de ESO, Bacharelato e

FPBásica.

– Garantir os dereitos lingüísticos dos galegofalantes e procurar avances nos individuos

bilingües.

– Mellorar as destrezas lingüísticas do alumnado e o profesorado.

– Ligar o uso do galego aos modos de vida máis actuais e vangardistas, vencellándoo co

mundo cultural e social actual.

– Manter en galego toda a documentación administrativa e de xestión do centro.

– Deseñar e coordinar campañas de sensibilización, así como actividades a favor da

normalización do uso do galego, dirixidas á comunidade educativa no seu conxunto ou a

un sector determinado, segundo o obxectivo específico que se pretenda.