Marzo é o mes da expectativa, das cousas que non coñecemos

As verbas de Emily Dickinson acompañan a nosa entrada no mes de marzo, que voa cara a esperanza dun tempo sempre mellor, cara a primavera. Chegan con él actividades maravillosas como a de compartir a lectura e a escoita no noso recuncho lector. Nesta primeira ocasión foi a voz de Rocío García Casalderrey, notable herdeira da súa nai, Fina Casalderrey, a que conseguiu conmovernos no breve, aínda que valioso, espazo de tempo dun recreo cun fragmento de A Pomba e o Degolado. A maxia seguirá a producirse o longo do curso, coma sempre que alguén lé para sí e para quen está a escoitarlle dende o interior.

O teatro troca tamén a nosa perspectiva e leva moitas veces ó cambio, axudando a atravesar barreiras. Ben o saben os alumnos que recibiron unha formación teatral no obradoiro con Afonso ó longo destes meses e que viviron unha gran experiencia, convertíndose en actores por un día no Teatro Principal de Ourense na compaña de rapaces doutros centros galegos.

Rosa María Villar Villamil