¿Quen somos?
- A nosa asociación denomínase: A.N.P.A. “IES Chan do Monte”.
Estamos integrados na Federación Municipal de Marín, na Federación Provincial de Pontevedra, na Confederación galega de APAS de centros públicos (Confapa-Galicia) e, a nivel estatal, na Confederación Española de APAS (Ceapa).
Xunta directiva.
- Presidenta: Elena L. González Otero
- Vicepresidenta: Rosa Ana Pereira Freire
- Tesoureira: Olga Estévez Martínez
- Secretaria: Elena García Graña
- Vogais: Elena Rosales Garrido
- Manuel Rodríguez González
- Paula Curra Rosales
- Rocío García Fernández
- M. Mar Touriño Blanco
- María Castro Gallego
- Asunción Blanco Moreira
- M.del Pilar Argibay Tilve
Os nosos fins
A Asociación de pais e nais de alumnos “Chan do Monte” foi creada para:
- Asistir aos pais ou tutores de alumnos en todo aquilo que atinxa á Educación dos seus fillos ou pupilos.
- Promover a participación dos pais na xestión do Centro.
- Colaborar nas actividades escolares e extraescolares do Centro.
- Asistir aos pais dos alumnos no exercicio dos seus direitos a intervir no control e na xestión do Centro, sostido con fondos públicos.
- Facilitar a representación e participación dos pais no Consello escolar.
- Colaborar coa Dirección e tamén có profesorado, aportando asistencia moral, pedagóxica e técnica que estea ao noso alcance, sen interferir no espíritu interior do Centro.
- Integrar aos pais de alumnos na comunidade educativa.
Queres poñerte en contacto con nós?
Escríbenos ó seguinte enderezo: [email-obfuscate email=”apa.chandomonte@gmail.com”] ou no teléfono 665 94 40 40 Elena.
Queres ser socio/a?
Cota socios por familia e ano: 20€ (Cota aprobada por maioria absoluta na asemblea xeral do 12 de abril de 2.018).
Prazo de pago: ata o 31 de decembro.
Número de conta: ES81 2100 4080 1722 0014 1898 de CaixaBank.
É moi importante que poñades o nome do alumnos (ou alumnos se hai mais de un) cando fagades o ingreso no banco.
Tamén lle podedese pagar en persoa a unha representante da A.P.A.
Cómpre lembrar que os socios da A.N.P.A. teñen axudas para diversas actividades.
Temos unha caixa de correos na entrada do centro onde podedes deixarnos a vosa proposta, ademais de poder facelo por teléfono ou mail.