Equipo directivo

No IES Chan do Monte queremos darche a maior das benvidas. Que saibas que o que aquí che expoñemos é, simplemente unha guía, para que estes primeiros días che poidamos facilitar a adaptación ao teu novo centro de traballo. Estamos á túa enteira disposición, no centro ou no correo equipo-directivo@ieschandomonte.edu.es. Para írmonos coñecendo, permítenos que che deixemos os nosos nomes (http://ieschandomonte.edu.es/ies/?page_id=46)

Acceso ás aulas

Como podes comprobar, no plano que achegamos, a conserxería, no baixo, fronte á entrada principal, ten as chaves de todas as aulas. Se es profesor/a en aulas da ESO estas chaves están amestradas (só terás unha que abre todas as portas deixando un depósito de 1 €).

Non obstante, se dás clase nos ciclos recorda collela no seu panel. Se non está aí é que outro profe entrou antes na aula e polo tanto xa está aberta. Cando sexas o último deberás deixala de novo no seu sitio. Isto é importante para o normal funcionamento das clases.

En conserxería tamén podes solicitar un mando que che dará acceso ao aparcamento pechado para o teu vehículo. Un depósito de 30€ é o que che pedimos para que poidas dispor del. Por suposto, sen custo ningún, tamén tes a opción dunha chave que abre a mesma cancela.

Sistema informático

Este manual entrégase cando recibimos a túa incorporación e despois de cubrires a folla que nos servirá para darte de alta no sistema informático.

Imos crear unha conta de usuario que OLLO! servirache para todos os servizos do IES. É posible que teñas que agardar un pouco por ela. En servizos TIC o horario non está completo e aténdense as incidencias segundo se van producindo e por orde súa de importancia.

Mentres non dispoñas dela, non poderás entrar a ningún equipo informático ni abrir nas aulas os equipos dos alumnos a Internet (os dos profes teñen conexión permanente, pero os dos alumnos é preciso habilitalos)

Cando esteas dado de alta no sistema, terás que entrar co teu nome de usuario en calquera equipo:

  • USUARIO: o_teu_novo_nome_de_usuario
  • CLAVE: a_que_che_enviamos_por_email_ou_che_demos_en_mantemento (se non podes consultar o correo ou cando chegaches non se puido facer a alta inmediatamente, consulta en conserxería se a túa folla co protocolo de alta ten xa o nome de usuario cuberto)
  • DOMINIO: IESCDM

Neste primeiro inicio pedirache que mudes ese contrasinal, pero ten coidado xa que ha de ter 7 ou máis caracteres e ter alta calidade, o cal significa que non pode ser unha palabra de dicionario, nin pode ser demasiado sinxela. Podes pensar unha frase e poñer esas iniciais como clave, pero procura mesturar dos catro grupos (maiúsculas, minúsculas, números e letras), tres deles. Agora entrarás no sistema e xa podes usar internet dende biblioteca, sala de profes ou dende o posto do profesor de calquera aula.

Verás que en ‘Mi PC’ tes unha unidade Z: . Aí gárdanse todos os teu datos persoais e a túa configuración de escritorio que será igual alí onde abras sesión. Lembra saír se te vas do teu posto, e non abras dúas simultaneamente. Segundo o teu usuario, podes ter conectadas máis unidades de rede. Á parte de Z:, explora e verás unidades destinadas a compartir datos entre profesores, X: para materias, ou unha unidade T: para arquivos moi grandes. Que saibas que facemos copia de seguridade de todos os datos, con distinta frecuencia segundo a súa importancia. Se perderas algo, ponte en contacto con servizos TIC para tentar a súa recuperación. No teu perfil tamén se instalan impresoras, tanto de aulas como comúns da sala de profesores. Antes de imprimir, comproba o nome da máquina por se sae por onde non esperas 😉

Listaxes de correo. Para estar en contacto

Para estar en contacto e recibir novas e avisos dunha maneira rápida, cómoda e ecolóxica, no IES Chan do Monte usamos as listaxes de correo. Se o teu proceso de alta está totalmente completado, xa te demos de alta nas listaxes comúns. Recibirás unha mensaxe de benvida, cun contrasinal, de cada unha delas. Os correos enviados ao enderezo da lista repártense automaticamente entre todos os subscritos.

As listaxes de correo son unha maneira cómoda, tamén, de expresar opinión entre un grupo elevado de persoas. Moitos grupos de ciclos teñen listaxes que len os profes que imparten clase neles e todos os seus alumnos. Sería óptimo que ti te deras de alta nas listaxes dos grupos nos que vas impartir clase (para poder enviar material ao alumnado, avisos xerais,etc ). Comproba se o teu grupo posúe unha en www.ieschandomonte.edu.es entrado en Intranet e Resto de Servizos(http://ieschandomonte.edu.es/ies/?page_id=210) A nomenclatura seguida nas listas de correo é o nome do ciclo seguido do ano de comezo do ciclo. Por tanto, debes de subscribirte á lista de correo que tenña o ano no que comezou o teu ciclo.

Regulamento

Tódos os servizos informáticos dos que dispós no IES, así como o resto do funcionamento do centro, están rexidos polas NOFC.

No que a temas informáticos se refire, este regulamento inclúe algúns aspectos especialmente importantes á hora de usar os sistemas:

  • Regras para usar as aulas de informática
  • Prohibición de uso de programas P2P e outros
  • Vixilancia do uso lícito da rede e lexislación aplicable a ataques informáticos ou violación da privacidade dos arquivos ou sistemas de protección
  • Necesidade de contar coa licenza para calquera software que se instale no centro (ollo, non se poden instalar programas gratuítos para uso persoal, pois o IES considérase uso comercial/educativo)

É obriga do profesorado revisar a aula para comprobar que todo o material estea en perfecto estado. De non ser así é preciso notificar ao equipo de mantemento (mediante unha incidencia) ou á dirección segundo se corresponda ou non con material informático.

Incidencias

Ante calquera problema ou necesidade ponte en contacto cos teus compañeiros. Podes acudir ao xefe de departamento, ao equipo directivo ou aos servizos TIC segundo sexa oportuno. Para este último caso, incidencias sobre software ou hardware a única vía de comunicación é abrir un ticket da aplicación destinada a iso. Atenderante tan pronto como teñan dispoñibilidade. Vai á nosa web, www.ieschandomonte.edu.es e entra en Intranet-> Incidencias informática.

Se tes calquera dúbida, que non se pode considerar unha incidencia, tamén podes usar este recurso ou podes preguntar na listaxe de correo profesores-claustro@ieschandomonte.edu.es. Esta lena todos os teus compañeiros e é probable que alguén che conteste antes.

Faltas de asistencia

Debes cargar na aplicacion do xade as faltas do grupo. AHai, polo menos, un ordenador en cada aula, así que podes facelo xa ao pasar lista ou ben anotalas e pasalas despois á web. Para 1º e 2º da ESO existe un parte de faltas que é controlado polo delegado da clase e que tamén deberás cubrir.

Se impartes materias en ciclos, ten presente os límites de faltas para as circunstancias de perda de avaliación ou unha posible baixa de oficio. Podes atopar os arquivos na unidade Y: (compartir-profes) de calquera equipo navegando ata o cartafol ‘secretaría’.

Faltas de orde

Calquera problema de conduta ou actuación que consideres que debe ser castigado ou queres que quede reflectido ante a xefatura de estudos debes de notificalo cunha falta de orde. Recolle o modelo en conserxería e entrégallo ao xefe de estudos cuberto.

Gardas

Na sala de profes hai un libro de gardas no que deberás asinar cada vez que fagas unha. Mira se falta algún profesor, cubre a súa hora e se non está anotado no libro, faino. Ao lado deste libro tamén hai dous libriños cos listados de todo o alumnado do centro e dos cursos nos que hai alumnado menor de idade. Nestes listados indícase se o/a alumno/a é ou non maior de idade, e no caso de que cumpra os 18 durante o curso, aparece a data na que será xa maior de idade.

Se estás facendo unha garda cun grupo que non coñeces, lembra que no caixón da mesa do profesor, hai unha listaxe do alumnado. Se tes gardas especiais, de autobuses ou de recreo, pregunta que zona debes vixiar.

Titor da FCT

Se o teu horario ten horas adicadas á titoría de alumnado que fai prácticas en empresas, diríxete á coordinadora (María José Galán). Axudarate co traballo que tes que desenvolver.

Colaboración

Este manual pode completarse coa túa axuda. As túas dúbidas ou inquietudes ao chegar a este centro poden beneficiar a outros. Por favor, se ves algo no que podemos mellorar ou se atopas problemas que che están custando máis do debido, fáinolo saber para que todos poidamos dar o mellor de nós mesmos.