La literatura es una representación falaz de la vida que,sin embargo,nos ayuda a entenderla mejor,a orientarnos por el laberinto en el que nacimos,transcurrimos y morimos. […] tenemos que seguir soñando, leyendo y escribiendo,la más eficaz manera que hayamos encontrado de aliviar nuestra condición perecedera, de derrotar a la carcoma del tiempo y de convertir en posible lo imposible.
Vargas LLosa – Estocolmo, 7 de diciembre de 2010.
Xa estamos a recibir imaxes para o concurso de fotografía dixital, Imaxina teu libro, no que podes dar a coñecer unha obra que che teña gustado dende unha nova perspectiva, a visual, creando a túa propia portada. Tedes de prazo ata o venres 22 de Xaneiro.
Os Clubs de Lectura voltan con forzas renovadas, coa ansia de compartir a pasión pola lectura e o que nos aporta. Vémonos!
Felicitamos a todos os que participastes pola vosa imaxinación, pola ilusión que puxestes e por saber superar estes novos retos. Non tivemos festival, non, pero conseguimos, grazas a todos vos, que o espíritu do Nadal chegase ó noso centro.
Noraboa ós gañadores!!
Seguimos con propostas coas que seguir desfrutando e aprendendo…
Os alumnos de 1º ESO amosan a súa alegría ó recibir o recoñecemento ó seu traballo de grupo. Lograron crear un ambiente navideño nun ano tan especial no que as normas de protocolo fixeron que o proceso fose un pouco máis complicado, pero non imposible. Grazas a todos!!
Unha mención honorífica, ben merecida, ós alumnos do ciclo que elaboraron a fermosa árbore minimalista de cobre.
Qué mellor xeito de recibir o Nadal que engalanados cuns tocados tan creativos como os dó alumnado e o profesorado tamén. Unha porta aberta á alegría e a esperanza.
Manteremos a tensión ata a volta dás vacacións para dar a coñecer a clase gañadora, que xa foi elexida na votación levada a cabo o día 22 de Decembro, e para a entrega dos premios. Mentras tanto desfrutade coas fotos.
Fermoso árbol feito con tubo de cobre en estilo minimalista industrial polos alumnos do Ciclo de Mantemento de Servizos á Produción de Frío e Calor
Agradecemos a participación a tódolos alumnos e profesores, xa que grazas a eles podemos seguir a fomentar a lectura, a investigación, a arte, a creatividade, en suma, a cultura.
Desexábamos recibir o Nadal coa mesma alegría, ilusión e esperanza que en anos anteriores e, aínda cando a Covid-19 nolo quixo facer máis complicado, fixemos todo o posible por conseguilo.
Dende a Biblioteca, engalanada este ano cos traballos feitos for alumnos de FP Básica, que combinan con moito arte as Matemáticas e o Inglés, convocamos o Concurso de Decoración Navideña sostible e Concurso de Tocados Navideños. Ós que adicaremos sendos espazos.
Descubride xa ós pintores que inspiraron os distintos árboles de nadal dá nosa pequena exposición. Noraboa ós gañadores, xa que non era tarefa fácil. Grazas a Esmeralda Fandiño polas súas pinturas e a Marta Pollán pola súa reinterpretación dunha obra de Maruja Mallo e dá Anunciación de Fra Angélico.
Felices festas!
Debuxos e acuarelas de Esmeralda Fandiño
O luns día 21 de decembro faremos a entrega de premios ós gañadores ás 11:30 na biblioteca.
La trenza de Laetitia Colombani foi a primeira obra elixida para o noso alumnado lector de 3º e 4º dá ESO. Durante a sesión do club de lectura, o alumnado conversou sobre diferentes temas transversais relacionados coa igualdade real e efectiva e os estereotipos de xénero. A modernidade e a libertade a ela asociada foron tamén relacionadas durante a interpretación individual desta novela. Somos actualmente máis libres? A sociedade occidental actual fainos ser mulleres e homes máis libres? Como inflúen en nós os estereotipos de xénero? Os temas que foron saíndo durante a sesión son o reflexo do carácter plurisignificativo que posúen os textos literarios. O noso alumnado lector, que nalgún caso decidiu ler a obra en língua inglesa, falou sobre a vida destas tres mulleres e empatizou coas súas vivencias, revisitando os seus diferentes espazos, sociedades e culturas, tan dispares e tan iguais. A obra de Colombani permitiu realizar unha verdadeira reflexión metaliteraria, onde o alumnado do club de lectura do IES Chan do Monte trenzou, desta volta, a vida das mulleres e diferentes xeografías literarias.
O martes 22 de Decembro ven lucindo un tocado navideño feito por tí e poderás gañar un premio á orixinalidade, á sostibilidade ou a calidade artística.
Despidamos o primeiro trimestre e o ano 2020 con esperanza e alegría.