Entrega do premio ó gañador do Certame de Creación da mascota da Biblioteca

O exemplar alumno de 2º de Bacharelato, Carlos Martínez Castro, recibe de máns da coordinadora do equipo de biblioteca o premio pola súa proposta de mascota para a Biblioteca do IES Chan do Monte. A súa proposta, elexida como gañadora por un xurado composto por 14 persoas, é un caracol que simboliza a perseverancia, a determinación e a paciencia, cualidades estas moi necesarias á hora de aprender e a biblioteca é un dos mellores lugares para facelo. Parabéns en nome de toda a nosa comunidade educativa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *