Emprego Tecnoloxía + Inglés

A empresa Play and Say oferta:

Posto de traballo como profesor nun programa de inmersión de inglés e dixitalización. Será un curso residencial de domingo a sábado en Gandarío, Coruña.

Os profesores terán a opción de durmir e residir no centro ou ir e vir a casa a diario. O posto trata de impartir talleres tecnolóxicos como: robótica, impresión, escaneado 3D, 2 talleres de Gaming e creación de páxinas web. Buscamos xente con nivel de inglés para impartir as clases en inglés, mínimo B2. Os profesores terán unha semana de training antes de empezar o programa cos nenos para facer os talleres co coordinador tecnolóxico.

O programa, subvencionado pola Xunta de Galicia consta de 1 semana de training + 11 semanas de traballo con nenos de 12-16 anos galegos. Os traballadores terán un contrato a tempo completo (8h ao día con descansos), o aloxamento compartido e todas as comidas cubertas e un soldo de 360 euros netos por semana.

Interesados enviar o voso currículo a aida@playandsay.org ou contactar directamente nas nosas oficinas ou no 646515937 (Whatsapp 699617807).