CONCURSO TARXETAS DE NADAL 2011

O Instituto CHAN DO MONTE convoca por medio

dos seus departamentos de Normalización

Lingüística, Plástica e Relixión

o presente concurso de “Tarxetas de Nadal 2011”

 

  • Xa podes comezar a face-la túa tarxeta de Nadal e poder así felicitar ós teus amigos, familiares …

  • Anímate a participar. Os que o fagan mellor recibirán un -regalo que poderán cambiar por material escolar.

      1. Categoría A: ESO

      2. Categoría B: BACHARELATO E FP

  • Unha das gañadoras será a oficial do centro para este Nadal.

  • Os traballos poderán entregarse na Secretaría do Instituto ata as 13.50 horas do día 9 de decembro de 2011.

BASES

  1. A técnica a empregar será libre, ou ben a cor ou en branco e negro.

  2. O formato do soporte será A4 e o material a cartulina.

  3. Os datos do concursante (nome, apelidos e curso) escribiranse ó dorso do traballo.

  4. O prazo de presentación remata o día 9 de decembro de 2011, os gañadores daranse a coñecer o día 12 e os premios entregaranse o 20 de decembro de 2011.