Para amantes da novela gráfica

Para os amantes da novela gráfica

 
PERSÉPOLE, de MARJANE SATRAPI, Rinoceronte Editora, 2011
A editorial Rinoceronte inicia con esta obra unha colección de novela gráfica traducida ao galego. Persépole é a historia autobiográfica da iraní MARJANE SATRAPI, na que conta como medrou nun réxime fundamentalista islámico que a acabará levando a abandonar o país. Traducida tamén ao castelán e ao catalán, esta obra foi levada ao cine e estreada en Francia no 2007.
 
 CIELOS RADIANTES, de Jiro Taniguchi, editorial Ponent Mon, 2011.
Nesta obra, editada orixinalmente no 2005, o autor xaponés explora as relacións de familia, o amor e o egoísmo humano. Igual que en Barrio lejano, parte dun feito sobrenatural para tratar os seus temas favoritos.

 

En Cielos radiantes, un home maduro morre tras chocar a súa furgoneta contra a moto dun mozo de dezasete anos. Este queda en coma e, cando esperta, a súa familia descobre que sofre de amnesia e que cambiou de personalidade. A conciencia do home morto esperta no

corpo do rapaz, como se lle ofrecese a última oportunidade de compren der o que de verdade era importante na súa vida, Pero o tempo aprema: Takuya vai recuperando a memoria…