PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2016 (DOGA , 15 de marzo de 2016)

Obxecto

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, as capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da Rede Cemit.

Contidos da proba:

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2, manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

As capacidades e os criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de administración e xestión (BOE núm. 109, do 7 de maio).

A Rede Cemit ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta. gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso Codix baixo a modalidade de autoformación como material de apoio para a preparación destas probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse de acordo co seguinte calendario:

Pontevedra:Mércores, 27 de abril, ás 10.00 horas.O número de prazas é de  26. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas Cemit de cada localidade indicada no punto anterior, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros.

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede Cemit. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

A inscrición poderá realizarse a través da internet ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.