Viaxe fin de curso 4º ESO

Entre os días 31 de maio e 3 de xuño realizouse a viaxe fin de curso de 4º ESO.

Nesta ocasión a viaxe tivo como destino Madrid. Alí un grupo de alumnas e un alumno puideron gozar da Feira do libro no Parque do Retiro, así como dun paseo por lugares tan emblemáticos como a Porta do Sol, a Gran Vía, pasando pola Porta de alcalá e polas fontes de Cibeles e de Neptuno.

Tamén realizaron unha visita polo Madrid dos Austrias, coa Praza Maior como epicentro, o Barrio das Letras e como non, o Museo do Prado.

Non esquecemos barrios tan populares como Chueca, A Latina e Malasaña, onde estiveron aloxados.

Houbo tempo tamén para a descarga de adrenalina no Parque de Atraccións.

Foi sen dúbida unha viaxe chea de anécdotas e momentos que nunca esquecerán.