O TEATRO É EDUCACIÓN

O obradoiro de teatro coa compañía Alentía está a ser unha experiencia magnífica para os nosos alumnos. As obras que están a ensaiar para actuar no Teatro Principal de Ourense son creacións colectivas que xorden da posta en valor da creatividade de todos, da fantasía, da tenrura e o xogo, fomentando valores como a igualdade, a solidariedade, o respecto polo medioambiente e a educación como ferramentas imprescindibles para o ser humano.

Estas imaxes son unha pequena mostra do proceso. Desfrutémolo polo que ten de experiencia inesquecible para todos nos.