Novas rutinas na Biblioteca por mor da Covid-19

Bibliotecas escolares de Galicia

Durante o periodo de excepcionalidade por mor da Covid-19, a nosa biblioteca seguirá as normas establecidas polas autoridades sanitarias e educativas e aínda que se establezan unhas normas de uso iniciais, estas poderán ser modificadas e adaptadas ás circunstancias que xordan. A biblioteca segue a ser fonte de recursos de lectura, información e aprendizaxe para toda a comunidade educativa polo que manteremos o horario de apertura de mañá e tarde.

Dende o equipo de biblioteca elaboramos varios carteis que nos farán recordar mellor a todos o protocolo a seguir. Moito ánimo!

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca