Matemáticas e cine

O pasado venres, 23 de novembro, no Salón de Actos do noso centro, os
alumnos de ESO e 1º de Bacharelato tiveron a oportunidade de escoitar a
conferencia de Santiago Díaz Candán sobre a relación entre o cine e as
Matemáticas. Nun primeiro momento o conferenciante ilustrou aos rapaces
sobre as orixes do cinema como artiluxio mecánico que se baseou en certos
principios científicos e técnicos. Posteriormente analizou a presenza das
matemáticas nas pantallas, como no caso de filmes como 21 blackjack onde
un profesor imparte unha clase de cambio de variable para estudiar a
probabilidade; ou nun episodio da serie Os Simpson onde Homer
presentaba un contraexemplo que parecía botar por terra o Teorema de
Fermat (o truco estaba en que a calculadora sempre redondea). Logo
achegou un capítulo dos Serrano, onde se plantexa un problema de
encontro de vehículos nun punto intermedio e vimos un episodio da serie
Futurama no que aparece a cifra 1010011010 reflexada nun espello que
corresponde a 666 en binario. O plato forte foron os cálculos baseados no
Teorema de Pitágoras que están presentes na película de Tom Cruise
Misión imposible.
As matemáticas están en todas partes, por iso son tan necesarias.
Un éxito.