ENCONTROS NA ZONA USC 2016

O mércores día 3 de febrero o alumnado de 1º de Bacharelato participou nos “Encontros na zona USC”. Esta actividade  organizouse polo Departamento de Orientación en colaboración co profesorado de Bacharelato.  Meu agradecemento a Araceli Queiruga que acompanou a un dos grupos polos percorridos do campus sur “Campus Vida”. O resto do alumnado tivo como punto de encontro a Residencia O Burgo das Nacións.

Algunhas das facultades universitarias visistadas foron: Filoloxía e Ciencias da Educación, Ciencias Económicas e Empresariais, Maxisterio e Traballo Social,Enfermaría, Medicina e Odontoloxía,Dereito, Bioloxía e Farmacia,Enxeñaría Informática,Física e Matemáticas e Psicoloxía e Ciencias da Educación. Despois do xantar nun dos comedores universitarios o alumnado visitou  a Residencia Monte da Condesa e a do Burgo.

Este “encontro” , forma parte do Programa “A Ponte entre a Universidade de Santiago de Compostela e os Centros de Ensino Secundario”.