Visita de Sergio Pazos

O pasado 27 de abril de 2011, visitou o noso centro Sergio Pazos.

A primeira hora, o actor ourensán compartiu experiencias cos profesores. De seguido, celebrouse no salón de actos unha actividade didáctica dirixida ao alumnado da actividade de teatro así como ao profesorado que quixo asistir. Comezou Sergio contándonos os seus inicios no teatro e recreándose en anécdotas ocorridas ao longo da súa vida profesional.
Na segunda parte realizouse un ‘Obradoiro de expresión corporal’ guiado pola profesora e o actor para axudar aos alumnos e alumnas a desinivirse un pouco no escenario.