Concurso Universitario de Software Libre

Este concurso de ámbito estatal está dirixido a estudantes universitarios de calquera ciclo, estudantes de bacharelato, ou de grao medio e superior de formación profesional en calquera centro homologado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2012/2013.

Neste concurso poden participar estudantes que desenvolvan software, hardware ou documentación técnica libre de maneira individual ou en equipos dun máximo de 3 persoas. O prazo de inscrición remata o vindeiro día 23 de novembro e o desenvolvemento do proxecto deberá levarse a cabo durante os meses de Decembro 2012 ata Abril de 2013.

Agradecemos que lle deades a máxima difusión a este concurso entre a comunidade educativa para fomentar a participación galega no mesmo, xa que todos os participantes, independentemente de que sexan recoñecidos como finalistas ou mesmo gañadores dun dos diferentes premios, terán o verdadeiro premio de interactuar con toda a comunidade de software libre a nivel nacional e poder usar, a partir dese momento, o seu proxecto como carta de presentación.
Dende a OCFLOSS consideramos esta iniciativa unha excelente forma de capacitar aos estudantes para a súa incorporación ao mercado laboral ao tempo que se lles abren as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación no eido do Software Libre.