OBRADOIRO “A RELACIÓN AMOROSA”. Día 21 de xaneiro de 12:10 ás 13:50.

Ilustración

O xoves día 21 de xaneiro o alumnado de 3º ESo A e 3º PMAR participará nun Obradoiro impartido por Gloria Isabel Serrato Azat . Este Obradoiro traballará os conflitos que nunha relación amorosa, como en calquera outro tipo de relación, pode existir. Necesitamos saber expresar que sentimos e por que non non gusta algo que pasa na relación  a quen empeza a sentir que a parella é da súa propiedade e a quen debe ver nestes xestos o perigo de perder a liberdade.

Este Obradoiro conxuntamente coa exposición “15 cartas de amor”, que podedes visistar no noso Centro é una oferta realizada dende o CIM de Marín, a quen agradecemos de novo a súa colaboración para tratar no ámbito educativo os temas de igualdade, coeducación e prevención da violencia de xénero.