Nosa participación no Concurso de Curta de ADOS 2023

Representando de novo ó noso centro, vimos de participar na IX Edición de Curta da Asociación de Doazón de Órganos e Sangue ADOS, cunha obra titulada Dame Tempo! O título ten un dobre sentido que nos fai ver cómo podemos ser actores e obxecto dunha mesma realidade, animando a toda a poboación á doazón.

O meu agradecemento ó alumnado do ciclo de Actividades Comerciais 1 que, coa súa ilusión ante a proposta, fixo posible levar a cabo a idea inicial: Jonathan Costids, Laura Santiago, Daniel Rey, Uxía Malvido, Martín Cortegoso, Camila Corrales, Moad El Abbouti, Sarai Pérez, Carlos Pérez, Gabriela Rivas, Egor Selivanov, e, como non!, tamén a José Luis Aragón, sempre disposto a me acompañar nestas experiencias artísticas.

Aínda que nesta ocasión non teñamos ganado, sentímonos moi orgullosos do proceso e do resultado, que estamos encantados de compartir con vos.

Bravo, rapaces!! A pola seguinte.

Rosa María Villar Villamil