Xornada da Francophonie

Todo o alumnado de francés do IES reuniuse para festexar a xornada internacional da Francofonía.

Cada curso fixo un traballo divulgativo que compartiu cos seus compañeiros e compañeiras: realizaron vídeos explicando qué é a francofonía, a importancia de aprender francés , e tamén cantaron e comentaron as curiosidades da lingua francesa.