VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DOS CEIPS DE ARDÁN E SEIXO
- 06
- Xuñ
- 16
O martes 7 de xuño, visítanos o alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros adscritos de Ardán e Seixo. Esta actividade está incluída no Programa para facilitar o tránsito da Educación Primaria á Secundaria.
O alumnado será recepcionado por Carlota e Fran, alumnos de 1º ESO A que colaborarán nunha presentación sobre 1º ESO LOMCE: organización do curso, horario.
Así mesmo como exalumnos dos centros que nos visitan falarán aos seus compañeiros de como foi a súa experiencia no instituto e como alumnos de 1º ESO.