Visita a Ecommerce Days (2026)
- 02
- Out
- 26
Aprender facendo. Mirar ao futuro. Crear oportunidades.
O alumnado de 1º CS de Márketing e Publicidade está a vivir en primeira persoa os Ecommerce Days en Pontevedra, unha experiencia para conectar o aprendido na aula coa realidade do mundo dixital e empresarial:
- IA e eCommerce
- Marcas que perduran
- Procesos e experiencias de compra
- Innovación, estratexia e negocio
E, sobre todo, están a aprender da experiencia de empresas e profesionais que están a transformar o mercado como La Crisálida, Decántalo, Torre de Núñez, Vegalsa-Eroski, entre outras.


Porque o márketing non se aprende só nos libros: apréndese observando, preguntando, experimentando e conectando coa empresa real.
Hoxe son estudantes, mañá serán quen creen as marcas, as estratexias e os proxectos que transformarán o mercado. O futuro do márketing tamén se está a construír desde as aulas e nós estamos alí para vivilo.