Un taboleiro vertical e unhas pezas de xadrez pouco comúns

O longo do curso actual o noso eixe de traballo na biblioteca foi o xadrez en tódalas súas expresións: como linguaxe, como arte e coma instrumento de poder na historia. Organizamos un curso de introducción ó xadrez para aqueles que aínda non o coñecían o suficiente, para os máis expertos, chegamos a organizar dous torneos, asistimos a un obradoiro magnífico sobre sudokus de xadrez, descubrimos nunha charla a importancia deste xogo para frear o avance dunha doenza tan terrible coma o Alzheimer e mentras tanto…. os vosos compañeiros estaban a crear este taboleiro tan fermoso nas clases de tecnoloxía. Un taboleiro do máis moderno, con iluminación LED incluída. Noraboa a noso querido alumnado e a súa profesora, Ana Salorio, que aceptou encantada o reto proposto e que o conseguiu. Bravo!

Das figuras encargámonos Rocío García Casalderrey e eu mesma. Laborioso traballo en papel coa técnica do origami o de Rocío e sólido xogo de xadrez feito con tornillería o meu. Agardamos que vos servan de bo exemplo para crear o voso propio xogo de xadrez e sorprender ás vosas familias. Comecemos a xogar.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca