Trick or Read…

As páxinas dun libro sempre son un bo lugar para celebrar o Samhain, Samaín ou Halloween, pero, quen sabe, pode ser que este ano ademáis atopemos na nosa biblioteca un pequeno edificio de pedra, o umbilicus urbis do foro romano, que serve de conexión entre o mundo dos vivos e o inframundo, o Mundus Cereris. A súa entrada permanecía pechada por unha gran lousa que era retirada tres días ó ano para que a almas voltasen á terra. Permanece atento ó mundus patet.

Entre o 24 e o 28 de outubro faremos lecturas, escenificacións e ata un concurso de debuxo de modernos seres fantásticos moi antigos. As banshees, almas en pena no folklore irlandés, ou os cabalgabuitres, que Luciano de Samósata creou no século II na súa obra de ciencia ficción “Relatos Verídicos”, tomarán forma da vosa man.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca