Técnico/a Informático no Campiño

EMPRESA LÍDER DO SECTOR MAIORISTA DE DISTRIBUCIÓN Á HOSTALARÍA precisa un/unha TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A para as súas oficinas centrais en Pontevedra.

Buscamos unha persoa dinámica e proactiva, con formación en Informática Ciclo Grao Superior para unirse ao noso equipo.

FUNCIÓNS: traballará nunha ampla variedade de proxectos e nos que deberá:

  • Asegurar o correcto funcionamento de todos os sistemas e procesos informáticos
  • Xestionar e resolver incidencias que puidesen producirse no almacén loxístico e o resto dos nosos centros.

Para o logro destes obxectivos deberá realizar tarefas de:

  • Programación en entorno Oracle Forms, Oracle Bi-Publisher, PL/SQL, PHP, HTML.
  • Administración base datos Oracle.
  • Configuración / administración de Windows Server.
  • Configuración / administración de redes e hardware de rede.
  • Administración Firewall Fortinet.
  • Virtualización VMware.
  • CMS WordPress.

PRECÍSASE:

  • Formación de grao superior de Programación e/ou Sistemas Informáticos.
  • Facilidade organizativa e para priorizar incidencias segundo a súa gravidade.
  • Con certo grao de autonomía, pero unha clara disposición a traballar en equipo.
  • Residencia na zona de Pontevedra ou arredores.
  • Carné de conducir e coche propio xa que as oficinas se atopan no Polígono de O Campiño.

OFRECESE:

  • Incorporación inmediata en empresa en crecemento
  • Contrato indefinido.
  • Salario bruto anual 20.000 €

Se buscas a oportunidade de traballar nun entorno dinámico en constante expansión, onde poderás poñer en práctica os teus coñecementos en informática, non dubides en enviarnos o teu currículo para que poidamos coñecerte no enderezo:  empleo@cashgalicia.net