IES Chan do Monte

Sesión do Club de Lectura LM II (2026)

Onte decorreu nos espazos da BE Os labirintos de Mogor a terceira sesión do club de lectura Labirinto de Mogor II, destinado a persoas adultas da nosa comunidade educativa.

Nesta ocasión tivemos a inmensa fortuna de compartir as nosas impresións lectoras sobre a novela Ítaca da escritora galega María Besteiros, que foi finalista do Premio Xerais de Novela, no ano 2025.

As persoas mediadoras dos clubs de lectura da BE Os labirintos de Mogor do IES Chan do Monte agradecen ás familias e ao profesorado do club a sua presenza nesta nova reunión.

Súmaste á nosa seguinte lectura?

A vindeira obra que leremos será a novela Circe ou o pracer do azul da escritora e xornalista galega Begoña Caamaño que decorrerá no mes de maio, para festexar, con esta rutina lectora, o Día das Letras Galegas 2026 en grupo. O noso catálogo xa ten rexistrados algúns exemplares. Non dubides en collelos! Nuns días publicaremos a data e hora da próxima sesión! Boas lecturas!