IES Chan do Monte

Semana das Matemáticas no IESCDM (2026)

Este curso, en conmemoración do Día Internacional do número Pi, do 9 ao 13 de marzo festexouse no noso instituto a Semana das Matemáticas, organizada polo Departamento de Matemáticas nos espazos da biblioteca.

Durante cada recreo desa semana, o noso alumnado e profesorado puido poñer a proba a súa destreza lóxico-matemática tentando resolver distintos xogos de estratexia, desafíos de cálculo e diversos retos de enxeño e agudeza mental.

A colección de recursos matemáticos elaborados polo Museu de Matemàtiques de Catalunya (MMACA) e cedidos en préstamo polo CFR de Pontevedra —ao cal agredecemos a súa colaboración— fixo posible desfrutar de retos distintos cada día e que o espazo da biblioteca estivese eses días repleto de actividades lúdicas e manipulativas que acompañaron o desenvolvemento do entretemento e da aprendizaxe conxuntamente.


Grazas a todos e todas os que vos animastes a participar e experimentar que coas matemáticas tamén se pode desfrutar.