Semana da Prensa (2026)
- 09
- Mar
- 26
Durante as semanas previas ao estes días de descanso, coincidindo coa Semana da Prensa, o alumnado de 3º ESO realizou un proxecto sobre o papel das mulleres no Xornalismo, dentro da materia de Lingua Castelá e Literatura.
Partindo dunha listaxe de mulleres pioneiras xornalistas galegas do século XIX, o alumnado realizou unha investigación sobre as súas biografías e o seu traballo no ámbito do Xornalismo. Con esa información elaboraron, en grupos, entrevistas ficticias, onde puideron aplicar os contidos teóricos sobre este tipo específico de textos, prestando atención á corrección lingüística, á redacción e á estrutura textual. Alén disto, partindo das imaxes conservadas destas mulleres, o alumnado anovou a súa imaxe empregando ferramentas de IA.

O obxectivo deste proxecto é salientar a importancia das mulleres galegas na constitución do cuarto poder. Así, partindo dunha procura inicial da información, o alumnado continuou co tratamento da mesma e elaborou un mural final (que está exposto no corredor do primeiro andar) para difundir a información entre a nosa comunidade educativa.
Veñan máis actividades e proxectos coma estes, onde alumnado e profesorado traballamos CA específicos das nosas materias, desde unha óptica poliédrica, a prol dunha igualdade real e efectiva, e afianzando a alfabetización mediática e informacional do noso alumnado, xunto coa súa competencial dixital.