Saída educativa ás vilas do Porriño e Tui (2026)
- 26
- Feb
- 26
Este martes 24 de febreiro, o alumnado das materias de Latín I, Literatura Universal, e Bioloxía e Xeoloxía de 1º BAC, de Latín II e Grego II de 2º BAC e de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO realizaron unha visita cultural ás vilas do Porriño e de Tui, organizada polos departamentos didácticos de Latín e Grego, Bioloxía e Xeoloxía e Lingua castelá e literatura que deseñaron, xunto co EABE, un programa cultural interdisciplinar que ligou as Ciencias e as Humanidades.



Deste xeito, o alumnado visitou, en primeiro lugar, as instalacións do Centro Tecnolóxico do Granito no Porriño, onde está sito o Museo dos Minerais de Galicia (MINERGAL). Alí, o persoal técnico e investigador deunos a coñecer a rica colección xeolóxica que alberga o museo e tamén, de maneira práctica, mostrounos as probas ás que é sometido o granito nos seus laboratorios.
Deseguido, a rapazada encetou o camiño en dirección á vila de Tui para asistir ao XXV Festival de Teatro Clásico Grecolatino organizado pola SEEC-Galicia, onde poidemos chegar á caterse coa traxedia Helena de Eurípides, marabillosamente interpretada pola Compañía de Teatro Noite bohemia.
Con esta actividade interdisciplinar o noso alumnado adentrouse, in situ, no mundo da Xeoloxía e chegou á cartarse cunha obra fundamental da literatura clásica e universal. Desta volta o profesorado organizador cinguiu os coñecementos que clasificamos cos números 55 (Ciencias da Terra. Ciencias xeolóxicas) e 82 (Literatura) da CDU.
Veñan máis actividades transversais coma esta que deixan ver a boa sintonía dos departamentos didácticos do IES Chan do Monte, co gallo de proporcionar ao noso alumnado a mellor educación pública de calidade.