Reunión do Club de Lectura: La Belleza debe Morir
- 14
- Mai
- 23
O próximo día 8 de Xuño celebraremos unha nova xuntanza para desfrutar da experiencia da lectura compartida. Un xeito de ver a literatura como xerme de descubrimento, de comunicación e de amizade. O longo deste curso desfrutamos de xoias literarias, clásicas e actuais, Madame Bovary, Todo va a Mejorar, Un Novela de Ajedrez ou Non penses nun Elefante Rosa, e da visita de autores coma Antía Yáñez.
Todos os que queirades tomar parte na sobremesa literaria, non tedes mais que adicar un tempo maravilloso á lectura da nosa proposta actual: La Belleza debe Morir, obra da autora galega Mercedes Corbillón, que nos leva de Santiago a Venecia e a calquera espazo interior. Confesa a escritora que lle interesan as mulleres que admiten todas as súas contradicións e que saen adiante. Se negamos que en cada un de nós habitan todas as emocións e sentimentos do mundo, estamos a negar a condición humana.
Vémonos na biblioteca..

Rosa María Villar Villamil
Coordinadora do Equipo de Dinamización da Biblioteca