Reclamacións das axudas FCT
- 26
- Nov
- 24
Aberto o prazo de reclamacións das axudas FCT (setembro-decembro 2024): De acordo coa Orde do 8 de xullo de 2024, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo ou FP Dual (DOG do 10/07/2024), infórmase de que o segundo prazo de solicitudes destas axudas, destinado aos alumnos que realizaron prácticas entre setembro e decembro de 2024, finalizou o pasado 14 de novembro de 2024. Xa está publicado no taboleiro do centro o listado provisional de solicitantes. Ábrese un prazo de reclamacións que irá do 15 ao 24 de novembro. Unha vez finalizado este período, o 25 de novembro publicarase o listado definitivo.