Publicación das sedes e instrucións para a realización das probas de acceso a grao superior

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Os solicitantes que deixaron a súa solicitude no IES Chan do Monte, realizarán a proba o día 20 de abril no IES Luís Seoane (Monteporreiro).

Documentación que se precisa:

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición. Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos. As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.

Horario das probas

Presentación. – Ás 9:00 horas.

Parte común da proba. – Das 10:15 ás 13:30 horas: materias da parte común (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).

Parte específica da proba. – Das 16:00 ás 18:30 horas: materias da parte específica.

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros.

As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.

As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.

As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

Advertencias: Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún dispositivo que permita transmitir e/ou almacenar información.

O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas:

 Bolígrafos de tinta negra ou azul. Calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos.  Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, escuadra e cartabón.