Probas de acceso de grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2016

Publicadas as instrucións e a asignación das  sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2016.

Os solicitantes que deixaron a súa solicitude no IES Chan do Monte teñen como sede de realización o IES Luís Seoane (Monteporreiro).

Documentación que se precisa :

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos.

As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.

Horario das probas Presentación:

– Ás 9:00 horas. Parte matemática e parte sociolingüística da proba:

– Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).

Parte científico-técnica da proba: – Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía).

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros. As persoas exentas só da parte matemática ou só da parte sociolingüística terán que acudir ao chamamento das 9:00 horas.

As persoas que estean exentas de realizar a parte matemática e a parte sociolingüística acudirán directamente ao chamamento das 16:00 horas.

As persoas exentas de realizar a parte científico-técnica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.

Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas :

Bolígrafos de tinta negra ou azul. 

Na proba de tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos.