Probas acceso á FP medio e superior 2021 – 2022

Requisitos de acceso:

  • FP medio: 17 anos ou cumprilos no ano natural (antes do 31 de decembro de 2021).
  • FP superior: 19 anos ou cumprilos no ano natural (antes do 31 de decembro de 2021).

Inscripción na proba:

Como é o exame?

  • Para a FP medio: ten 3 exames.
    1. Parte lingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Ciencias Sociais
    2. Parte matemática: Matemáticas
    3. Parte científico – técnica: Ciencias da natureza e Tecnoloxía
  • Para a FP superior: Ten dúas partes.
    • Parte común: Lingua galega, Lingua Castelá e Matemáticas
    • Parte específica: 3 opcións en función do ciclo que queiras facer.
      • A): Economía, Lingua estranxeira e Filosofía
      • B) Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
      • C) Ciencias da Terra, Química e Bioloxía
    • Non sabes que opción tes que facer? consulta o Anexo VII deste documento.

Modelos de exame de convocatorias pasadas:

  • O mellor é que te familiarices co tipo de exame. Para descargalos preme no seguinte enlace e segue as instruccións:
    1. http://www.edu.xunta.gal/fp/probas
    2. Na marxe esquerda escolle “convocatorias anteriores” do nivel que queiras facer (medio ou superior).
    3. Selecciona “+información” do ano de convocatoria que queiras.
    4. Baixa ata o final donde atoparás “acceso aos exames e respostas da convocatoria“. Aí terás a ligazón directa para a descarga dos exames.
    5. ESTUDA E MOITA SORTE 🙂

Se precisas máis información ven ao departamento de orientación do centro ou visita a web de FP en Galicia: http://www.edu.xunta.gal/fp/probas