Premios Qué levas no corazón?

Non podería haber mellor momento para entregar os premios dun concurso que busca afondar naquelo que habita os nosos corazóns que a semana na que conmemoramos o Día de Rosalía, a nosa, a inesquecible.

ROSALÍA CASTRO - Blog DomusVi

Sabela e Sandra, alumnas de 1º da ESO, recibiron o diploma e libros pola orixinalidade e calidade da obra coa que participaron, en formato fotográfico, e na que deixaron patente que a amizade é a súa resposta á pregunta.

As alumnas de 4º ESO, Ainara e Paula, elexiron o formato poético para participar. Escribiron un poema sinxelo e intimista, no que deixan translucir un sentir propio á vez que universal.

Tamén as profesoras Esmeralda Fandiño e Marta Pollán participaron e foron premiadas. Esmeralda pola beleza discursiva e estética da súa carta, dirixida á liberdade. Á vez que Marta o foi pola beleza compositiva da súa proposta visual.

Seguide buscando no máis fondo…ata atopar a beleza.

RMVV