Premio de Excelencia na ESO

O alumno do IES Chan do Monte Martín Freire González acada o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico, correspondente ao curso 2021-2022, convocado pola Consellería de Educación, Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Para poder optar a este premio extraordinario, o alumnado dos centros educativos de toda Galicia ten que ter unha nota media superior aos 9 puntos nos catro cursos da ESO e realizar, durante os días iniciais do mes de setembro, varias probas en que se avalían as súas competencias nas áreas de Lingua e Literatura Galega, de Lingua Castelá e Literatura, de Xeografía e Historia, de Lingua Estranxeira, de Matemáticas, así como dunha materia optativa do 4º curso da ESO.

A comunidade educativa do IES Chan do Monte congratúlase por este merecido galardón que reflicte o compromiso, dedicación e excelencia do noso alumno.

Moitos parabéns, Martín, por esta distinción e recoñecemento académico! Veñan moitos máis!