Oferta traballo: Técnico/a en informática Pontevedra

Precísase técnico informático para a súa incorporación inmediata na cidade de Pontevedra.
Venda e reparación de equipos informáticos, configuración de redes, asistencia presencial a clientes para a resolución de incidencias informáticas que van dende hardware, software e redes.
Implantación de novas instalacións de software e hardware para venda de TPV e atención ao cliente.
 
Imprescindible capacidade para diagnosticar e resolver posibles problemas, iniciativa e implicación no traballo así como don de xentes (a maioría das veces o traballo realizarase na tenda facendo atención presencial e telefónica ao cliente).
 
 
Horario:
De luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 h.
Sábado de 10:30 a 13:30 h.
 


---
Adolfo Arosa

InfoPonte
Rúa Echegaray 17 Baixo
36002 Pontevedra
Teléfono: 986.10.58.37
fito@infoponte.es