Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información
Familia profesional
Informática e Comunicacións
Título que se obtén
O título obtido é de “Técnico/a especialista en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información” se se accede posuindo calquera dos títulos do apartado seguinte:
- Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR)
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM)
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW)
- Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
- Técnico Superior en Mantemento Electrónico
En caso contrario, obteráse un certificado que acredite a superación do curso de especialización.
Prazas ofertadas
20 (en horario de tarde)
Requisitos académicos
Os mesmos que para o acceso a un Ciclo Superior.
Organización do ciclo
Duración dun ano académico.
Módulos
Módulo | Horas |
---|---|
Análise forense informático | 120 |
Bastionado de redes e sistemas | 160 |
Hacking ético | 120 |
Incidentes de ciberseguridade | 140 |
Normativa de ciberseguridade | 60 |
Posta en produción segura | 120 |
Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Sectores nos que cumpra establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e hacker ético/a.
NOTA:
- O máster no IES Chan do Monte impartirase en horario de tarde-noite de luns a venres, comezando a comezos de novembro.
- A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
- A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora no primeiro día de inicio do curso.
- Calquera cambio ante esta previsión comunicarase na web do centro como unha NOVA.
Máis Información
https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/SIFC50
ies.chan.monte@edu.xunta.gal
#FPGalicia
Teléfono: 886 151 275