IES Chan do Monte Marín

PASOS A SEGUIR:

1) Mira na nosa web o calendario de matrículas e verifica que período che corresponde.

2) Ven recoller o sobre de matrícula na conserxería e paga o seguro: 1.12€

En efectivo e importe exacto

3) Unha vez teñas todo ben cuberto e as copias que che piden, vai á conserxería de novo e pide número. Na pantalla da entrada verás por onde vai e canto che queda… ollo non vaias perder a túa quenda!!

PREGUNTAS FRECUENTES:

1) E se non quero matricularme?? Se quero facer outro trámite??

Pregunta na conserxería, saberán onde mandarte.

2) E se me equivoco e cubro mal algún documento do sobre?

Non te preocupes, na web tes toda a documentación (xusto debaixo) que leva cada sobre, descargable. Busca o teu curso e descarga o que precises.

3) E se me equivoco escribindo no propio sobre?

Tes que vir de novo á conserxería e pedir outro, non cho cobramos (trae o vello), pero lembra que teñen que volver poñer o selo de “seguro pagado”.

4) Estou obrigad@ a ir o día preferente?

Este ano non todos os cursos teñen matrícula preferente, pero se o teu si ten, mellor ven ese día, e aforrarás moita cola. Se non podes, dentro do período aberto de matrícula, cando poidas.

5) Teño que ir dous días? Non podo matricularme nun único día?

Si, pero verifica antes na web que che fai falta e trae todo cuberto. Así chegas, cubres o sobre, pagas alí o seguro e xa podes pedir número.

Calendario

Documentos de matrícula