1. Que é a FCT?
A FCT (Formación en Centros de Traballo) é un módulo obrigatorio da Formación Profesional Inicial que permite ao alumnado aplicar os seus coñecementos nunha contorna laboral real. Realizarase ao final de cada ciclo formativo, nun só período e de xeito ininterrompido.
Son as prácticas de empresa que tes que facer ao final dos ciclos superiores, medios e FP básica, sendo un paso fundamental para a túa inserción laboral (nesta empresa ou noutra). É un módulo máis e similar en todos os ciclos, que se avalía.
Para máis información e lexislación relacionada, pode consultar a seguinte páxina: https://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-das-fct
2. Cando podo realizar a FCT?
Para acceder á FCT, é imprescindible ter aprobados todos os módulos do ciclo formativo correspondente.
O alumnado dispón de dúas convocatorias para realizar a FCT.
Os períodos habituais de realización son:
- Abril – Xuño
- Setembro – Decembro
- Xaneiro – Marzo
3. Que requisitos debo cumprir antes de iniciar a FCT?
- Ter aprobados todos os módulos do ciclo formativo.
- Ter o NUSS (Número da Seguridade Social) propio, xa que é imprescindible para a formalización do convenio e a tramitación da alta na Seguridade Social.
4. Que é o meu Número da Seguridade Social (NUSS)?
O NUSS (Número da Seguridade Social) é un código único e persoal que identifica a cada persoa dentro do sistema da Seguridade Social.
É obrigatorio para poder realizar a FCT, xa que sen el non se pode formalizar o convenio nin tramitar a cotización.
É importante destacar que o NUSS non é o mesmo que o número da cartilla da Seguridade Social dos teus pais ou titores.
Cada estudante debe ter o seu propio NUSS, que pode solicitarse a través da sede electrónica da Seguridade Social ou en oficinas correspondentes.
Recoméndase xestionalo con antelación para evitar retrasos no inicio das prácticas.
5. Como consigo o meu Número da Seguridade Social (NUSS)?
O alumnado debe obter o seu NUSS antes de comezar a FCT. Pode solicitarse de dúas formas:
- A través da sede electrónica da Seguridade Social: Accedendo á páxina web www.seg-social.es, no apartado de “Asignación de Número da Seguridade Social”. É necesario identificarse mediante Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico. Unha vez solicitada, a asignación do NUSS é inmediata e pódese descargar un documento acreditativo.
- Presencialmente nunha oficina da Seguridade Social: Se non se dispón de medios electrónicos, pódese acudir a unha oficina da Seguridade Social con DNI/NIE e cubrir o modelo TA.1 de solicitude de asignación de número da Seguridade Social. Recoméndase solicitar cita previa para evitar esperas innecesarias.
En ambos casos, é fundamental realizar este trámite con suficiente antelación para garantir que o NUSS estea dispoñible antes de iniciar a FCT.
6. Que implica a cotización para o alumnado?
- Recoñecemento do período de prácticas dentro da súa vida laboral.
- Acceso á cobertura da Seguridade Social, incluíndo asistencia sanitaria en caso de accidente ou enfermidade relacionada coa actividade formativa.
- Non implica ningún custo para o estudante, xa que non debe facer ningunha achega económica.
7. Como se xestiona a cotización á Seguridade Social durante a FCT?
O alumnado que realiza a Formación en Centros de Traballo (FCT) cotiza á Seguridade Social durante o período das prácticas, segundo o establecido na Orde PJC/281/2024 sobre prácticas formativas non remuneradas e na Disposición Adicional 52 da Lei Xeral da Seguridade Social (LGSS).
A xestión da alta na Seguridade Social realízaa a empresa FEUGA.
FEUGA é unha entidade que facilita a colaboración entre educación e empresa en Galicia. A Xunta encárgalle a xestión da cotización á Seguridade Social do alumnado en FCT, incluíndo a alta e a comunicación dos días traballados.
8. Quen debe cotizar á Seguridade Social durante a FCT? Hai excepcións?
Deben cotizar á Seguridade Social:
- Estudantes en prácticas formativas non laborais.
- Persoas desempregadas que realicen a FCT.
- O alumnado que estea a percibir unha prestación por desemprego poderá compatibilizala coa alta na Seguridade Social para a realización de prácticas formativas, segundo o establecido no Real Decreto-lei 7/2023, do 19 de decembro.
Están excluídos da cotización segundo o apartado 11 da Disposición Adicional 52 da LGSS:
- Persoas que xa estean de alta nalgún réxime da Seguridade Social por desempeñar outra actividade.
- Persoas en situación asimilada á alta con obrigación de cotizar.
- Persoas cuxo período de prácticas teña a consideración de cotizado a efectos de prestacións.
- Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente, tanto na modalidade contributiva como non contributiva.
9. Hai algunha restrición sobre as empresas onde podo facer a FCT?
Si, existen certas limitacións á hora de escoller unha empresa para realizar a FCT:
- Parentesco: Non se poderá facer a FCT nunha empresa onde o responsable, titor/a da empresa ou persoa empresaria teña unha relación de parentesco ata o terceiro grao co alumno/a. Esta norma busca evitar conflitos de intereses e garantir a imparcialidade na avaliación do módulo.
- Relación non laboral: A FCT é unha formación práctica e non supón unha relación laboral co centro de traballo. Isto significa que:
- O alumnado non pode percibir un salario nin compensación económica polas tarefas realizadas.
- A empresa non pode utilizar o alumnado en prácticas para cubrir postos de traballo de forma habitual, nin sequera con carácter de substitución ou interinidade.
- Empresas non permitidas: Non está permitido realizar a FCT en centros educativos, agás en casos excepcionais que deben contar cunha autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.
- Outras limitacións: A empresa debe cumprir coa normativa vixente para acoller estudantes en prácticas e ter capacidade para ofrecer unha formación axeitada ao perfil profesional do ciclo formativo.
10. Como se asignan as empresas para a FCT?
Cada curso ten un tutor/a de FCT encargado/a de coordinar a formación práctica do alumnado. Este/a tutor/a encárgase de:
- Selección e asignación de empresas: Buscar e asignar as empresas que mellor se adapten ao perfil profesional do alumnado, tendo en conta as súas preferencias e obxectivos formativos.
- Comunicación co alumnado: Informar sobre o proceso de asignación de empresas, resolver dúbidas e proporcionar orientación durante a FCT.
Antes de comezar a FCT, orienta ao alumnado sobre os aspectos xerais e as condicións establecidas coa empresa, traballando aspectos básicos requiridos durante o desenvolvemento do período de prácticas.
Durante a FCT, realízanse reunións quincenais entre o alumnado e o tutor/a.
- Seguimento e avaliación: Supervisar o progreso do alumnado durante a FCT, realizando visitas ás empresas e mantendo comunicación co titor/a da empresa para garantir o cumprimento dos obxectivos formativos.
11. Podo propoñer unha empresa para realizar a FCT?
Si tes unha empresa que consideras adecuada para realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT), podes propoñela ao teu tutor/a de FCT. Para facelo, proporciona os datos de contacto e información relevante sobre a empresa.
O tutor/a avaliará se a empresa cumpre cos requisitos necesarios para acoller a un estudante en prácticas e se se axusta ao perfil profesional do ciclo formativo.
Se a empresa é idónea, o centro educativo formalizará o convenio de colaboración entre a empresa e o estudante, establecendo as condicións da FCT, os obxectivos formativos e as responsabilidades de ambas as partes.
12. Que responsabilidades teño durante a FCT?
As túas responsabilidades durante a FCT son as seguintes:
- Asistencia e puntualidade: Debes acudir á empresa nos horarios establecidos e cumprir cos días de asistencia acordados.
- Responsabilidade e interese polo traballo: Implicarte activamente nas tarefas asignadas e demostrar unha actitude profesional.
- Adaptación e aceptación das normas: Respectar as normas da empresa, incluíndo horarios, vestimenta e protocolos internos.
- Motivación: Mostrar unha actitude positiva e predisposición para aprender e mellorar.
- Interese por ampliar os coñecementos profesionais: Aproveitar a oportunidade para adquirir novas habilidades e coñecementos prácticos.
- Hixiene e orde: Manter un aspecto adecuado e respectar a limpeza e organización no posto de traballo.
- Autonomía e toma de decisións: Desenvolver a capacidade de resolver situacións dentro das túas competencias.
- Calidade do traballo: Esforzarte por realizar as tarefas de forma eficaz e eficiente.
- Capacidade de comunicación: Relacionarte correctamente cos compañeiros e supervisores, escoitando e expresándote de forma clara.
- Traballo en grupo: Colaborar co equipo e adaptarte ao funcionamento da empresa.
Lembra que a falta de asistencia inxustificada, unha actitude incorrecta ou a falta de aproveitamento poden levar á rescisión do convenio.
13.- En que casos se pode rescindir o convenio da FCT?
O convenio da FCT pode cancelarse se non cumpres coas túas obrigas. Os principais motivos son:
- Faltas de asistencia: O máximo de faltas permíteno as normas do ciclo e non pode pasar do 10% das horas da FCT.
- Se chegas ao 6% de faltas sen xustificar, o teu titor/a avisarate cun apercibimento formal.
- Se superas o 10% ou non melloras tras o aviso, poden dar por finalizado o teu convenio.
- Actitude ou falta de aproveitamento: Se non te implicas ou tes unha actitude pouco adecuada na empresa, poden excluírte da FCT.
- Primeiro, recibirás un aviso formal.
- Se segues igual, se pode cancelar o convenio e quedarías fóra das prácticas. Só terías unha segunda e última oportunidade para realizar a FCT noutro período.
14. Como se realiza o seguimento da FCT?
- Durante a FCT, o teu titor/a fará un seguimento para asegurarse de que todo vai ben e de que aproveitas as prácticas. Para iso:
- Reunións periódicas: Terás reunións quincenais co teu titor/a no centro de estudios para resolver dúbidas, comentar o teu progreso, tratar calquera incidencia e revisar a carpeta onde vas cubrindo as actividades que realizas.
- Visitas á empresa: O titor/a realizará visitas á túa empresa de prácticas para falar co teu titor/a na empresa, comprobando que se cumpren os obxectivos formativos.
O obxectivo deste seguimento é garantir que a túa experiencia na empresa sexa o máis positiva e formativa posible. Se xorde algún problema ou dificultade, o titor/a intentará buscar unha solución contigo e coa empresa.
15.- Como debo cumprimentar a Carpeta de FCT?
A Carpeta de FCT é fundamental para o seguimento e avaliación das túas prácticas. Aquí explícolle como debes completala correctamente:
Follas de actividades:
- Debes encher as follas de actividades semanalmente, reflectindo as tarefas que realizaches na empresa.
- Cada folla debe estar asinada por ti, polo teu tutor/a da empresa e polo teu tutor/a do centro educativo.
Como rellenala:
- En cada folla de actividades, asegúrate de incluir o encabezado con:
- O teu nome completo.
- Os nomes dos tutores (tutor/a do centro educativo e tutor/a da empresa).
- O nome da empresa onde realizas as prácticas.
- No pé de páxina, debe aparecer a túa firma, a firma do tutor/a da empresa e a firma do tutor/a do centro educativo.
- Data: En cada folla, debes poñer a data de inicio e fin das actividades realizadas neste período (formato dd-MM-aaaa). Non poñas un rango de datas.
Entrega final:
- Ao finalizar as prácticas, deberás entregar a carpeta correctamente cumprimentada e con todas as firmas requiridas á teu titor.
- A entrega debe facerse antes da avaliación final da FCT para dar tempo á validación dos documentos.
Formato dixital:
- Toda a documentación da carpeta debe ser completada de forma dixital (Non a man). Non se deben facer correccións á man nin engadir información despois de ser validada.
Entrega unha vez validada a carpeta:
Unha vez que a túa Carpeta de FCT sexa validada pola secretaría do centro educativo, o teu tutor/a entregarache a carpeta co control de firmas, para que quede constancia das actividades realizadas e do teu progreso durante as prácticas.
Lembranza: A correcta cumprimentación da carpeta é esencial para que a túa FCT sexa evaluada de maneira adecuada.
16. Que é o programa formativo e como se avalían as prácticas?
O programa formativo é o documento que recolle os obxectivos, contidos e competencias que debes adquirir durante a túa FCT.
Está relacionado coas tarefas que realizarás na empresa e coas destrezas que se esperan que desenvolvas. Este programa guía as túas actividades na empresa e establece o marco de aprendizaxe.
Como se avalían as prácticas?
A avaliación das túas prácticas baséase en varios aspectos:
- Desempeño nas tarefas: O teu tutor/a da empresa evaluará o traballo que realizas e comprobará se cumpriches os obxectivos e as competencias establecidas no programa formativo.
- Seguimento e avaliación do titor/a do centro educativo: O teu tutor/a do centro educativo realizará un seguimento periódico das túas actividades, revisando as follas de actividades e as reunións quincenais que teñas coas persoas responsables.
Ao final da FCT, tanto o titor/a da empresa como o teu tutor/a do centro educativo farán unha avaliación global das túas prácticas, tendo en conta tanto o desempeño como a evolución durante o período de formación.
Se se considera que cumpriches co programa formativo e realizaches as tarefas correctamente, serás avaliado como APTO. Se non é así, serás evaluado como NON APTO.
17.-Cal é o horario laboral durante a FCT?
Durante o período de realización da FCT, o teu horario adaptarase ao horario laboraldo centro de traballo.
Este horario non poderá superar as 40 horas semanais, sendo normalmente de 8 horas diarias de luns a venres.
Se se require traballar durante o fin de semana ou en horario nocturno, será necesario solicitar autorización previa, agás no caso dos ciclos de actividades comerciais, onde estas actividades son parte do programa.
O calendario de realización da FCT será o laboral, e por tanto os festivos serán os laborais. Se o centro educativo ten un día non lectivo pero a empresa ten xornada laboral, deberás ir á empresa ese día.
18. Cando se pode interromper a FCT?
A FCT debe realizarse de maneira continua, sen interrupcións, dende o momento en que comeza ata a súa finalización.
Non se consideran excepcións para interrumpir a FCT:
- Estar matriculado en outros estudos ou realizar estudos simultáneos.
- Viaxes persoais.
- Sustituír traballadores na empresa.
- Realización de horario nocturno cando se pode realizar a mesma actividade en horario diúrno.
Se hai algún motivo que poida causar unha interrupción na túa FCT, deberás comunicarllo ao teu titor/a para avaliar as posibles opcións.
Interrupción da FCT: Casos de forza maior, accidente, doenza, embarazo ou similar
A FCT pode ser interrumpida en casos de forza maior, accidente, doenza, embarazo ou outras circunstancias similares.
Neste tipo de situacións, se é necesario ampliar a duración do período ordinario de FCT, non será precisa autorización se a ampliación é inferior a un mes.
Condicións para a ampliación:
- Se a ampliación do período de FCT é inferior a un mes, non se require autorización previa, pero deberá asinarse un novo convenio que inclúa o período ampliado.
- O alumnado afectado por esta ampliación quedará pendente de avaliación e será avaliado ao rematar a FCT.
Se o período de interrupción supera o mes:
- Se a interrupción supera un mes, o alumnado deberá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e volver a cursalo de novo.
19.- Podo renunciar á FCT?
A renuncia ao módulo de FCT é unha solicitude que podes presentar por motivos xustificados, no caso de non poder continuar co proceso de prácticas no centro de traballo durante o período establecido.
Esta renuncia permite non esgotar as dúas posibilidades de matrícula para realizar as prácticas
As circunstancias que xustifican unha renuncia son:
- Doenza física ou psíquica.
- Incorporación laboral mediante contrato de traballo.
- Obrigas familiares que dificulten a dedicación aos estudos.
- Outras situacións semellantes que a dirección do centro considere pertinentes.
Cando reinicies o módulo de FCT en outro período, será necesario matricularse novamente, e non se terán en conta as xornadas realizadas antes de presentar a renuncia.
A solicitude debe ser presentada cunha antelación mínima de dous meses antes da avaliación final. A dirección do centro resolverá se acepta ou non a renuncia.
20. Consecuencias de deixar a FCT sen xustificación
Se decides abandonar a FCT sen xustificar os motivos ou sen presentar unha renuncia formal, as consecuencias poden incluir:
- Perderás unha das túas oportunidades de matrícula, dificultando a realización das prácticas no futuro.
- Non completarás o módulo, polo que non obterás a titulación correspondente.
- Se desexas reincorporarte ao módulo, terás que matricularte de novo e non se contarán as xornadas anteriores.
- Perderás unha das dúas convocatorias disponibles para realizar a FCT.
21. Podo solicitar a exención do módulo de FCT?
Podes solicitar a exención do módulo de FCT se a túa experiencia laboral está relacionada coas competencias do módulo que debes realizar.
A exención pode ser total ou parcial, dependendo de que tan directamente se correspondan as tarefas que realizaches coas actividades previstas para a FCT no teu ciclo formativo.
Requisitos para solicitar a exención:
Para que poidas solicitar a exención, debes acreditar unha experiencia laboral que corresponda a un ano de traballo a tempo completo, relacionado cos teus estudos profesionais.
Se estiveches traballando a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano de traballo a tempo completo.
Documentación que debes presentar:
Deberás entregar a seguinte documentación na secretaría do centro educativo:
- Solicitude de exención: Debes dirixir a solicitude á dirección do centro docente onde estás matriculado/a. No formulario, deberás explicar a razón da solicitude de exención.
- Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou mutualidade laboral: Nesta certificación debe constar a empresa na que traballaches, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación. Se fuches traballador/a autónomo/a, tamén se debe especificar o período de cotización en réxime especial de autónomos.
- Certificación da empresa: A empresa onde traballaste debe proporcionar unha certificación na que se detalle a duración do teu contrato, as actividades que realizaches e o período no que realizaches esas actividades.
- Para traballadores/as autónomos/as: Deberás presentar a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano. Tamén terás que achegar unha declaración das actividades máis representativas que realizaches como autónomo/a.
Prazos e procedemento:
A solicitude de exención debe ser presentada polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas do módulo de FCT. Unha vez que presentes a documentación, o titor/a, en colaboración co equipo docente, analizará a información e fará unha proposta á dirección do centro sobre se se concede ou non a exención.
Importante: Os modelos para realizar esta solicitude os atoparás na conserxería do centro educativo.
20. Que asistencia sanitaria teño en caso de accidente durante a FCT?
Os accidentes durante a FCT poden ser de dous tipos:
- Accidente laboral: aquel que se produce mentres realizas as túas funcións dentro da empresa colaboradora da FCT. Inclúe calquera incidente que ocorra no posto de traballo ou como consecuencia directa das tarefas asignadas.
- Accidente in itínere: aquel que se produce no traxecto entre o teu domicilio e o centro de traballo da FCT, ou viceversa. Para que se considere accidente in itínere, deben cumprirse certos requisitos:
- Que o percorrido sexa o habitual e sen interrupcións inxustificadas.
- Que se produza dentro dun tempo razoable en relación coa hora de entrada ou saída do centro de traballo.
Durante o teu período de prácticas (FCT), a asistencia sanitaria en caso de accidente dependerá da túa situación na Seguridade Social.
- Se estás dado de alta na Seguridade Social como estudante en prácticas, a atención médica e a xestión de baixas laborais correrán a cargo de Asepeyo, unha mutua colaboradora coa Seguridade Social. Asepeyo encárgase de prestar asistencia sanitaria en caso de accidente laboral ou enfermidade profesional, así como da tramitación das baixas médicas, rehabilitación e seguimento ata a alta.
- Se estás excluído da cotización á Seguridade Social, a cobertura sanitaria será xestionada a través da póliza de seguros da Xunta de Galicia, e non por Asepeyo.
Están excluídos da cotización segundo o apartado 11 da Disposición Adicional 52ª da Lei Xeral da Seguridade Social (LGSS):
- Persoas que xa estean de alta nalgún réxime da Seguridade Social por desempeñar outra actividade.
- Persoas en situación asimilada á alta con obrigación de cotizar.
- Persoas cuxo período de prácticas teña a consideración de cotizado a efectos de prestacións.
- Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente, tanto na modalidade contributiva como non contributiva.
21.-Pasos a seguir en caso de accidente laboral se estás dado de alta na Seguridade Social .
Notificación inmediata:
- Informa de inmediato ao titor ou encargado da empresa onde realizas a FCT.
- Tamén deberás informar ao teu titor ou titora do centro de estudos.
Comunicación con Feuga:
- É necesario notificar a Feuga o accidente para que xestione o volante asistencial que che permitirá acudir á mutua (Asepeyo).
- A empresa notificará o accidente a Feuga para axilizar o proceso.
- Mantén contacto co teu titor ou titora do centro educativo para asegurarte de que todo está correctamente xestionado.
Atención médica:
- Poderás acudir unicamente aos centros concertados da rede asistencial de Asepeyo para recibir asistencia médica (diagnóstico, baixa se é necesaria, rehabilitación e seguimento ata a alta).
- Estes centros inclúen tanto centros públicos como os concertados que se detallan a continuación.
- Só en caso de urxencia vital, podes acudir a calquera centro público ou ao hospital máis próximo. Posteriormente, deberás trasladar o informe médico a un centro Asepeyo para o seu rexistro e seguimento.
Entrega de documentación:
- Despois de recibir atención médica, é moi recomendable enviar o parte médico (baixa ou sen baixa) a Feuga de inmediato para que estean informados e non haxa problemas na xestión.
- Alta médica: Unha vez emitido o parte de alta, recoméndase enviar unha copia a Feuga nun prazo de 24 horas para manter unha correcta comunicación e evitar incidencias.
- Tamén deberás informar ao teu titor ou titora do centro educativo sobre a túa situación e evolución, para que sexan conscientes de como está a xestionarse o accidente e o proceso de recuperación.
Centros
Telefonos:
📌 Centro de referencia Asepeyo Santiago de Compostela
📍 Avenida de Barcelona, 27 Baixo, 15706 Santiago de Compostela
📞 Teléfono: 981 553 160 | 📞 Urxencias 24 horas: 900 151 000
📧 Email: santiagodecompostela@asepeyo.es
📞 Se precisas máis información, contacta con Feuga: 981 534 180 | 📧 cotizacion_fct@feuga.es
Outros Centros Asepeyo naProvincia de Pontevedra
📍Pontevedra:
- Centro asistencial de Fraternidad Muprespa
- Camiño do Ferro, 2, 36003 Pontevedra
- 📞 Tel. 986 869 370 | 📠 Fax 986 845 795
📍 Porriño:
- Centro asistencial de Fraternidad Muprespa
- Domingo Bueno, 50, bajo, 36400 Porriño
- 📞 Tel. 986 336 955 | 📠 Fax 986 336 954
📍 Vigo:
- Centro asistencial de Fraternidad Muprespa
- Av. Gran Vía, 114, bajo, 36203 Vigo
- 📞 Tel. 986 415 711 | 📠 Fax 986 421 788
Centros Médicos concertados en Pontevedra
Se necesitas atención médica, podes acudir a un dos seguintes centros concertados da rede Asepeyo en Galicia:
📍 Pontevedra
- Hospital Miguel Domínguez – 📞 986 856 800
📍 Vigo
- Hospital POVISA – 📞 986 413 144
📍 Vilagarcía de Arousa
- Centro Médico Jacinto López SLU – 📞 986 510 197
22.- Pasos a seguir en caso de accidente laboral se estás excluído da cotización á Seguridade Social
Se estás excluído da cotización á Seguridade Social, a asistencia sanitaria será xestionada a través da póliza de seguros da Xunta de Galicia, contratada con Helvetia Seguros. Para recibir a atención médica e realizar a tramitación correcta, debes seguir estes pasos:
Notificación inmediata:
- Informa ao titor ou encargado da empresa onde realizas a FCT.
- Comunica o sucedido ao teu titor ou titora do centro educativo.
Atención de urxencia (primeiras 24 horas)
- Acude ao servizo de urxencias máis próximo para recibir a asistencia médica necesaria.
Podes acudir a calquera centro sanitario público, privado ou privado concertado coa aseguradora para recibir asistencia de urxencia.
Ademais, os centros médicos concertados coa compañía aseguradora poden consultarse no seguinte enlace: 🔗 Cuadro médico de Helvetia
- Solicita un parte médico de urxencias, que será necesario para a tramitación posterior do accidente.
- No caso de precisar seguimento ou rehabilitación, segue as instrucións médicas e mantén informado ao teu centro educativo.
Comunicación ao centro educativo
- É fundamental que entregues o parte médico de urxencias ao teu titor ou titora do centro educativo.
- Desde o centro, emitirase un informe á Xunta de Galicia para que a aseguradora cubra o período de recuperación.
- Mantén contacto co centro educativo para asegurarte de que toda a documentación está correctamente tramitada.
Atención médica posterior
Se necesitas citas médicas para tratamentos, revisións, consultas de seguimento, radiografías, rehabilitación, intervencións cirúrxicas, etc., mantén contacto co teu titor ou titora do centro educativo, xa que será quen te indique como proceder en cada caso e te axude na xestión da documentación necesaria para a tramitación correcta do accidente.
23.- Teño seguro de responsabilidade civil durante a FCT?
Sí, durante a FCT contas cun seguro de responsabilidade civil, que cobre os posibles danos materiais que poidas causar de forma involuntaria no centro de traballo.
Que é a responsabilidade civil?
A responsabilidade civil é a obriga de reparar os danos que unha persoa poida causar a terceiros de forma involuntaria durante o exercicio da súa actividade.
No caso da FCT, este seguro cobre os posibles prexuízos que se produzan no centro de traballo debido á actividade do estudante en prácticas.
24.- Que facer en caso de danos materiais na empresa?
1. Notificación ao titor ou titora do centro educativo
- Se causes algún dano material na empresa, o primeiro paso é comunicalo de inmediato ao titor ou titora do teu centro educativo para que poidan xestionar correctamente a situación.
2. Documentación necesaria para que o centro educativo poida elaborar o informe
Para que o centro educativo poida elaborar o informe necesario e facer a tramitación ante a Xunta de Galicia, a empresa debe proporcionar a seguinte documentación dentro das 48 horas seguintes ao suceso:
- Documento por escrito detallado, que inclúa:
- Nome, apelidos e NIF da persoa responsable do centro de traballo.
- Enderezo e teléfono de contacto da empresa.
- Descrición dos feitos e as deterioracións producidas.
- Valoración dos danos, orzamento ou outros documentos relevantes.
- Número de conta bancaria para o abono do importe correspondente.
- Factura orixinal que xustifique os danos ou a reparación (se é o caso).
- Fotos claras e detalladas:
- Achegarse fotos ben visibles e de boa calidade das partes danadas.
- As imaxes deben amosar claramente os danos para que o perito da aseguradora poida realizar unha valoración precisa.
3. Prazo para enviar a documentación
- A empresa debe enviar toda a documentación ao centro educativo dentro das 48 horas seguintes ao suceso.
- Unha vez recibida a documentación, o centro educativo elaborará o informe e enviará a reclamación á Xunta de Galicia para formalizar a tramitación á aseguradora.
4. Intervención da aseguradora
- Se é necesario, un perito da aseguradora verificará e valorará os danos no prazo de 24 horas para proceder coa avaliación e posible aboamento á empresa.
🔹 Se tes dúbidas sobre a cobertura do seguro ou o procedemento a seguir, consulta co teu titor ou titora do centro educativo.
25. Teño axuda durante a FCT nas prácticas?
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia sole convocar axudas para a Formación en Centros de Traballo (FCT), especialmente dirixidas a cubrir os gastos derivados da realización das prácticas en empresas. Estas axudas están suxeitas a requisitos específicos que deben cumprirse para poder acceder a elas.
Requisitos para poder solicitar as axudas:
- O centro de traballo debe estar nun municipio distinto ao do centro educativo e ao do municipio de residencia do alumno ou alumna durante o período de realización da FCT ou da FP dual.
- O/a alumno/a non debe ter desfrutado dunha axuda Erasmus+ KA102, KA116, KA121, KA122 ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da FCT ou da FP dual.
- Finalizar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro do ano correspondente.
- Realizar como mínimo o 80% das xornadas en empresa correspondentes a cada ensinanza segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual.
Cando saian as convocatorias e prazos para as axudas, o centro educativo avisará ao alumnado.
É moi importante que, cando se notifique a convocatoria, o alumno ou alumna deberá entregar ao titor ou titora a IBAN da súa conta bancaria, que debe estar en activo e a nome do propio alumno/a para poder recibir as axudas.
Unha vez que se reciba a conta bancaria, o alumno ou alumna deberá firmar unha solicitude para poder procesar a axuda.
Se non vén firmar a solicitude antes de que remate o prazo de entrega, considérarase que non solicitou axuda e non poderá solicitala posteriormente.
26.- Cando podo solicitar a axuda durante a FCT?
Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes para as axudas da Formación en Centros de Traballo (FCT):
- Primeiro prazo
- Destinatarios: Alumnado que realice a FCT nos períodos de outubro a marzo e xaneiro a xuño do ano correspondente.
- Excepción: O alumnado que realice a FCT no período de setembro-decembro do ano seguinte non poderá acollerase a este primeiro prazo.
- Segundo prazo
- Destinatarios: Alumnado que realice a FCT no período de setembro a decembro do ano correspondente, sempre que remate obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro.
- Excepción: O alumnado con horario flexible autorizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional que remate despois do 31 de decembro deberá acollerase á seguinte convocatoria de axudas.
Nota: O centro educativo avisará ao alumnado cando se abran os prazos de solicitude e facilitará toda a documentación necesaria para a presentación.